EDUCACIÓN
Inaugurada unha nova edición da Campaña Municipal de Animación á Lectura
O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado pola directora da Galería Sargadelos en Santiago, Belén Bermúdez, e polo director de Kalandraka Editora, Xosé Ballesteros, inaugurou a XII Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada pola Concellería de Educación. Nesta sesión, celebrada na Galería Sargadelos, participaron escolares dos colexios Ramón Cabanillas, Vilas Alborada e San Jorge.
COMERCIO
O Concello edita un roteiro para a dinamización do barrio de San Pedro
A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, presentou en Raxoi o roteiro A monumentalidade do cotiá, unha guía deseñada para a dinamización comercial, cultural e turística do barrio de San Pedro. A concelleira estivo acompañada pola presidenta da Asociación de Veciños A Xuntanza, Mercedes Vázquez, que colaborou na edición da publicación.
EDUCACIÓN
Os alumnos e alumnas de piano da Escola Municipal de Música realizaron un concerto monográfico sobre a obra de Erik Satie
O alumnado de piano da Escola Municipal de Música realizou un concerto mongráfico sobre a obra musical de Erik Satie no que se interpretaron algunhas das pezas máis coñecidas deste músico francés. O público encheu o recinto, que se está a converter nun espazo de acollida e mostra do traballo de intérpretes novos da cidade.