CULTURA
Luis Piedrahita presenta "El castellano es un idioma loable lo hable quien lo hable"
Luis Piedrahita chega a Compostela para presentar El castellano es un idioma loable lo hable quien lo hable dentro do ciclo Falabaratos. Ao esgotarse as entradas para as función previstas o mércores 25 e o xoves 26 ás 21:00 horas, engadiuse unha nova o mesmo xoves ás 23:00 horas. Así, poden aínda mercarse entradas para a nova función a un prezo de 18 € (butaca, platea e primeira planta); 15 € (segunda planta) e 12 € (anfiteatro) en Novagaliciabanco e na billeteira do Teatro Principal. Despois de Piedrahita estarán no.../em>
DEPORTES
Oitava edición da andaina de 50 km polos camiños de Santiago de Compostela
O sábado 5 de maio celebrase a oitava edición da Andaina de 50 km de Santiago de Compostela, organizada polo Club Deportivo Fontiñas. O Concello colabora con esta camiñada, que partirá da praza do Obradoiro.
MEDIO RURAL
O Concello aborda unha revisión integral das pistas do rural compostelán
O concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, deu conta do Proxecto Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural, aprobado en Xunta de Goberno e que permitirá acometer unha "revisión integral" das pistas asfaltadas das 21 parroquias dos rural compostelán. Destinaranse 104.385 euros a estas actuacións, realizadas en cooperación coa Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia.
ALCALDÍA
Concello e IGVS asinan o convenio de colaboración para o mantemento da oficina municipal de rehabilitación
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinaron o convenio polo que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) colabora no mantemento da oficina de rehabilitación municipal. Esta, que conta cun orzamento de 362.641 euros, recibirá da Xunta unha achega de 80.000 euros.
MEDIO AMBIENTE
Medio Ambiente presentou aos veciños o proxecto de hortas urbanas de Fontiñas
A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, presentou aos veciños de Fontiñas o proxecto de hortas urbanas para este barrio. O encontro celebrouse no centro sociocultural, onde antes tivo lugar o sorteo das hortas de Belvís e unha charla para informar sobre a colocación dun composteiro comunitario.
CULTURA
Filhartrompía Quartet inaugura o ciclo Música de Cámara no Auditorio de Galicia
O novo ciclo da concellería de Cultura, Música de Cámara comeza o mércores 25 cun concerto de Filhartrompía Quartet. Será ás 20:30 horas na Sala Mozart do Auditorio e as entradas, a 6 € (30 € para todo o ciclo), poden mercarse na billeteira do Principal de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas e na do Auditorio o día do concerto a partir das 18:00 horas. Despois deste concerto, poderemos escoitar neste ciclo a Airas Ensemble, Sonatas á Italiana, Omega Brass Ensemble, Trío Pifa e Pamina Trío.
EDUCACIÓN
O Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela acolle un obradoiro sobre a cultura castrexa a través dos obxectos
A Unidade de Cultura Científica do Instituto de Ciencias do Patrimonio organiza o obradoiro de cerámica "A cultura castrexa a través dos obxectos". A Concellería de Educación colabora con esta proposta, que se desenvolverá o mércores 24 de abril, de 16:00 a 18:30 horas no Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela. Actuarán como relatores Yolanda Porto, Beatriz Gómez-Arribas.