PLENO
Dada conta ao Pleno da renuncia de Xerardo Conde Roa como concelleiro
A Corporación municipal celebrou un Pleno extraordinario no que se deu conta do escrito de renuncia de Xerardo Conde Roa como concelleiro.
CULTURA
Mónica de Nut Trío presenta o seu novo disco dentro do ciclo Íntimo&Acústico
Os composteláns Mónica de Nut Trío presentan o seu novo disco, baixo o mesmo nome, dentro do ciclo Íntimo&Acústico, que organiza a Concellería de Cultura. Será en dous concertos, luns 23 e martes 24, ambos ás 21:00 horas, na Zona "C".
BENESTAR SOCIAL
O Concello pon en marcha unha campaña de recollida de cueiros para familias en situación de extrema necesidade
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, anunciou a posta en marcha da Operación Cueiro. Trátase de sensibilizar aos cidadáns para que, na medida das súas posibilidades, "doen paquetes de cueiros de diferentes tallas para familias en situación de extrema necesidade".
ALCALDÍA
A bandeira xitana ondeou no Concello
A Asociación de Mulleres de Etnia Xitana foi recibida en Raxoi nun acto presidido polo alcalde compostelán, Ángel Currás. Integrantes desta entidade fixeron entrega ao Concello da bandeira da etnia xitana e dunha cesta de vimbio.
EDUCACIÓN
XVI Certame de Teatro Intercentros
A Concellería de Educación organiza en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Santiago de Compostela o XVI Certame de Teatro Intercentros.
ECONOMÍA
Ábrese o prazo de inscrición para a acción formativa "A tormenta perfecta: meteoroloxía da creatividade"
A Concellería de Economía abre o prazo de inscrición para o curso Tormenta perfecta: meteoroloxía da creatividade, acción formativa que se integra dentro do programa Santiago Investors Support, no que colaboran dez entidades empresariais. A inscrición pode facerse a través da páxina www.maiscompostela.org.
CULTURA
Celébrase do 2 ao 11 de maio unha nova edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presentou a IX edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto. Fíxoo acompañado do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e do director de Curtocircuíto, Tim Redford. Esta edición celebrarase na cidade entre o 2 e o 11 de maio e, ademais das proxeccións dos cinco concursos diferentes, contará con actividades paralelas como obradoiros, mesas redondas, clases maxistrais, temáticas específicas,.../em>