COMERCIO E DEPORTES
O Compostela convida o sector comercial santiagués a vestirse de azul e branco
Os concelleiros de Comercio, Reyes Leis, e de Deportes, Adrián Varela, acompañados por Ramón Castro e Francisco Penas, do comité organizador do 50º Aniversario da S.D. Compostela, presentaron as bases do Concurso de Escaparatismo e Ambientación convocado para festexar o medio século de vida da entidade deportiva.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago colaborará con Uruguai na busca de oportunidades de negocio para empresas galegas neste país
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse en Raxoi co embaixador de Uruguai, Carlos Pita. No encontro falaron das oportunidades de negocio que o país americano, nunha situación de crecemento económico, ofrece a empresas galegas.
XUNTA DE GOBERNO
Outorgada a licenza de apertura a unha nova superficie comercial que creará 20 empregos
A Xunta de Goberno aprobou na súa sesión ordinaria a concesión da licenza de apertura a un novo supermercado de alimentación. Ademais, deuse o visto boa o gasto do programa de conciliación familiar de Semana Santa, xa iniciado nesta xornada.