CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ampliado o prazo de inscrición no Obradoiro de pequenos cineastas incluído no programa Compostela Cine Classics
O programa Compostela Cine Classics’12 inclúe entre as súas actividades un Obradoiro de pequenos cineastas, que desenvolverá os mércores 25 de abril e 2 e 9 de maio e os xoves 26 de abril e 3 e 10 de maio no Centro Sociocultural das Fontiñas. A inscrición neste singular obradoiro estará aberta ata o luns 23 de abril.
COMERCIO
Conecom ofreceu as claves para aproveitar as posibilidades do comercio electrónico
A concelleira de Economía e Comercio, Reyes Leis, inaugurou Conecom, a primeira conferencia de comercio electrónico de Galicia, que se celebrou no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.
CULTURA
Maika Makovski presenta en Compostela o seu novo disco, "Thank you for the boots"
A mallorquina Maika Makovski presenta o venres 20 en Santiago de Compostela o seu último disco, recen saído, Thank you for the boots. Faino no Teatro Principal a partir das 21:00 horas e dentro do ciclo Íntimo&Acústico, organizado pola Concellería de Cultura. Makovski estará acompañada por Gentle Music Men, quen fai o seu concerto presentación en Galicia e no que presenta tamén o seu último traballo, Soño infinito.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Unha trintena de xogadores e xogadoras participaron en Cornes na sexta xornada da Liga Nacional de Billarda
Celebrouse a carón da Casa das Asociacións de Cornes a sexta xornada da Liga Nacional de Billarda (LNB) na súa conferencia centro. O concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, achegouse ata o recinto de xogo para observar as evolucións dos competidores neste deporte tradicional.
COMERCIO
Os Premios do Comercio Compostelán recoñeceron o bo facer de seis establecementos da cidade
O salón vermello do Concello acolleu o acto de entrega dos Premios do Comercio Compostelán na súas seis categorías: Comercio 2.0, Comercio Innovación, Comercio Emprega, Comercio Veterano, Comercio de Barrio e Comercio Agarimo. Os gañadores recibiron unha figura conmemorativa deseñada para a ocasión por Ana Serra García, de Media Lúa.
TURISMO
O Camiño de Santiago, a Vía Francíxena e a Ruta de San Olaf promocionaranse conxuntamente en Europa
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou o proxecto Certo, concedido pola Unión Europea co obxecto de promocionar de forma conxunta tres dos Itinerarios Culturais Europeos: o Camiño de Santiago, a Vía Francíxena e a Ruta de San Olaf. A concelleira estivo acompañada pola xerente de Turismo de Santiago, Maruxa Ledo. O proxecto comeza formalmente o 27 de abril cunha acción de promoción en Parma.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica a substitución das canalizacións de auga na travesía de Angrois
A Xunta de Goberno, nunha sesión extraordinaria, adxudicou as obras de substitución das canalizacións de auga na travesía de Angrois, por un importe de 33.748 euros (IVE incluído).