BENESTAR SOCIAL
Entrega de diplomas aos participantes no Obradoiro de Familia e Saúde
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, entregou os diplomas aos alumnos e alumnas participantes no Obradoiro de Familia e Saúde, realizado na Casa das Asociacións de Benestar Social no marco do Programa Municipal de Intervención Socioeducativa.
MEDIO AMBIENTE
O Concello duplicará o número de hortas urbanas a disposición dos cidadáns
A concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, anunciou a posta a disposición dos cidadáns de 50 novas hortas urbanas en Fontiñas. Estas superficies de cultivo sumaríanse ás dispoñibles en Belvís, aumentando case un 100% o número de hortas existentes na actualidade. Ademais, de haber demanda, o Concello contempla a posibilidade doutra área de hortas en Pontepedriña.
ALCALDÍA
A área de Cultura pasa a depender do alcalde
Ángel Currás ofreceu a súa primeira rolda de prensa como alcalde. Na mesma anunciou os primeiros cambios na estrutura do Goberno, que afectan fundamentalmente ás áreas que el mesmo tiña ata agora como concelleiro. Así, Cultura pasará a depender directamente de Alcaldía, mentres que os departamentos de Educación e de Normalización Lingüística serán asumidos pola nova concelleira Rebeca Domínguez.
CULTURA
O novo ciclo "Música de Cámara" programa seis concertos no Auditorio de Galicia
O director xerente do auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou un novo ciclo da Concellería de Cultura, Música de Cámara. Fíxoo acompañado de Ramón Llátser, Alfredo Varela e Beatriz López, músicos da Real Filharmonía de Galicia e compoñentes das formacións que poderemos ver no ciclo.
CULTURA
"Grooming", de Teatro de la Abadía, chega a Santiago de Compostela con Nausicaa Bonnín e Antonio de la Torre
Teatro de la Abadía presenta no Teatro Principal Grooming, de Paco Bezerra, dirixida por José Luis Gómez e con Nausicaa Bonnín e Antonio de la Torre no elenco. Será o xoves 19 de abril, ás 21:00 horas, na que xa está consolidada como unha das citas máis importantes da programación de teatro da Concellería de Cultura.