ALCALDÍA
Ángel Currás expresa a súa vontade de "continuar o camiño iniciado hai dez meses para facer un Santiago mellor".
O ata agora primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Educación e Cultura, Ángel Currás, tomou posesión como novo alcalde nun pleno extraordinario celebrado en Raxoi, no que afirmou o seu compromiso coa cidade e coas dificultades do día a día dos seus veciños. Antes, Xerardo Conde Roa formalizara a súa renuncia como alcalde.
EDUCACIÓN
Presentada ao profesorado a XII Campaña Municipal de Animación á Lectura
A Galería Sargadelos acolleu a xuntanza de presentación ao profesorado da XII Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada pola Concellería de Educación e Kalandraka Editora, en colaboración coa Galería Sargadelos. Participaron uns 100 profesores e educadores das escolas infantís e dos centros de educación infantil e primaria composteláns e da bisbarra.
CULTURA
Abraham Boba en concerto na Zona "C" dentro do ciclo Íntimo&Acústico
Continúa en Compostela o ciclo Íntimo&Acústico e dentro del chega o vigués Abraham Boba. Dará un concerto o mércores 18, na Zona "C" de Bonaval, a partir das 22:30 horas. As entradas para este concerto, a 6 euros anticipada e 8 euros o propio día, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal e tamén na da Zona "C". Íntimo&Acústico ofrece, despois deste concerto de Boba, os de Maika Makovski+Gentle Music Men, Mónica de Nut Trío, Abe Rábade Trío,.../em>