TURISMO
Santiago de Compostela promocionará a súa Semana Santa por primeira vez nos mercados español e internacional
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, presentou a programación da Semana Santa 2012. O Concello quere asentar esta celebración como un aliciente máis do atractivo turístico da cidade, polo que nesta edición se promocionará o evento nos mercados español e internacional.
MEDIO AMBIENTE
Acción de promoción da eficiencia enerxética entre os cidadáns na praza do Toural
A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, asistiu na praza do Toural á a presentación do programa Módulo itinerante para a eficiencia enerxética, desenvolvido pola FUNDAinnovaCIÓN. Tamén asistiu o director do INEGA, Eliseo Diéguez.
ALCALDÍA
De Roncesvalles a Santiago, en patíns
Patinando o Camiño é un proxecto audiovisual no que Anuska Gil percorrerá en patíns o Camiño dende Roncesvalles a Santiago de Compostela, homenaxeando a mulleres que destacan pola súa solidariedade e labor humanitario. O traxecto realizarase durante o mes de maio en 29 etapas e, ao chegar a Santiago, entregarase ao Apóstolo unha capa confeccionada coas diferentes achegas das persoas que se encontren no camiño, como símbolo de unión.
ALCALDÍA
Recepción aos participantes na asemblea anual da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu os participantes na asemblea anual da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, con motivo do seu XXV Aniversario.