CULTURA
Leilía, novo concerto de Sons 2012
O ciclo Sons 2012 ofrécenos unha nova cita coa calidade e a diversidade. Así, o venres 24, a partir das 21:00 horas, poderemos escoitar ás Leilía, que presentan o seu último traballo, ConSentimento no Auditorio de Galicia.
MEDIO AMBIENTE
O Concello recibe o estudo de alternativas para a depuradora da Silvouta, que se decanta pola ubicación na zona do Souto
A concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, anunciou en rolda de prensa que o Concello xa recibiu o estudo de alternativas para a futura estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Silvouta, elaborado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Este documento decántase pola ubicación río abaixo, no lugar do Souto.
TRÁFICO
Novos semáforos para mellorar a circulación viaria e peonil no Ensanche
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Tráfico, Albino Vázquez, asistiron á posta en marcha dos novos semáforos situados nas interseccións da rúa República do Salvador con Xeneral Pardiñas e Doutor Teixeiro.
EDUCACIÓN
Educación pon en marcha un programa de conciliación para a Semana Santa
O concelleiro de Educación, Ángel Currás, presentou o programa municipal de conciliación para esta Semana Santa 2012. Durante os días 2, 3, 4 e 9 de abril, as familias compostelás dispoñerán dun espazo no CEIP Raíña Fabiola e no CEIP Monte dos Postes para conciliar o seu horario laboral co lecer e a educación dos seus fillos. A inscrición poderá formalizarse entre o 24 de febreiro e o 7 de marzo.
TURISMO
Cine, café, ópera, dieta atlántica e gastronomía no Fórum Cidade
O venres 24, o Fórum Cidade colle forza con actividades para todos os gustos. O Hostal dos Reis Católicos acollerá pola tarde dúas charlas gratuítas. Ás 19:00 horas, os profesores da USC Rafael Tojo e Rosaura Leis falarán sobre a Dieta Atlántica: nutrición, gastronomía, saúde e calidade de vida. A continuación, ás 20:30 horas, haberá unha charla sobre Ópera e Gastronomía, que inclúe unha degustación de viños da DO Valdeorras.
ALCALDÍA
Proxecto Home estrea a súa nova sede central
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu ao acto de inauguración da nova sede central de Proxecto Home, na rúa do Cottolengo (O Paxonal). As instalacións levantáronse nunha parcela cedida polo Concello de Santiago.
EDUCACIÓN
A Escola Infantil de Conxo converteuse por un día nun parque de bombeiros
A Escola Infantil Municipal de Conxo, converteuse nun parque de bombeiros, con motivo do Entroido 2012. A comunidade educativa deste centro educativo ten realizado un esforzo importante para que familias, educadoras e diferentes profesionais que colaboran coa Escola Infantil, dispuxeran deste novo encontro para a socialización e a aprendizaxe.
PLENO
O Pleno municipal aproba a ordenanza reguladora da inspección técnica de edificacións e nomes para novas rúas
O Pleno municipal, na súa sesión ordinaria, aprobou unha lista de nomes para designar novas rúas da cidade. En materia urbanismo, deu o visto bo inicial á ordenanza reguladora da inspección técnica das edificacións (ITE).
TURISMO
Comezaron as actividades do Fórum Cidade
No restaurante Curro da Parra, varios concelleiros asistiron ao comezo do Fórum Cidade coa actividade Fórum Tapas, dentro da cal 12 establecementos, gañadores dalgún dos premios das pasadas edicións de Santiago(é)tapas, ofreceron a súa Tapa Fórum, creada especificamente para o evento.