TURISMO
Santiago respirará gastronomía co Fórum Cidade entre o 23 e o 28 de febreiro
O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentaron o Forum Cidade, un programa de actividades gastronómicas que se celebrarán en Santiago entre o 23 e o 28 de febreiro, como complemento ao Fórum Gastronómico, que se celebrará no Pazo de Congresos do 26 ao 28 de febreiro. O alcalde e a concelleira estiveron acompañados polo presidente da Asociación Hostalería Compostela, Jesús Sordo, e polo director do Fórum Gastronómico, Pep Palau.
ALCALDÍA
O alcalde reitera a súa aposta por converter Santiago no eixe das comunicacións de Galicia para así competir con Porto
Unha aposta estratéxica e en clave galega. Así cualificou o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, a iniciativa de conectar o aeroporto de Lavacolla co AVE. O obxectivo, reiterou unha vez máis, é converter Santiago no "eixe das comunicacións de Galicia", o único modo de que unha terminal galega poida competir coa de Sá Carneiro (Porto).
ALCALDÍA
Cita en Amio para os amantes dos automóbiles e motocicletas de época
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu, xunto coa concelleira de Turismo e Mercados, Reyes Leis, á inauguración de Retro Galicia. II Salón do Vehículo Clásico e de Época, que se celebra do venres 17 ao domingo 19 no Recinto Feiral de Amio.
ALCALDÍA
Encontro cos representantes da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co vicepresidente da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Ángel Álvarez Prechous.
CULTURA
A Banda Municipal celebra outro concerto do ciclo de Novos Intérpretes Galegos
A Banda Municipal de Música de Santiago celebra o domingo 19 un novo concerto do ciclo de Novos Intérpretes Galegos, unha das novidades máis interesantes da programación 2011-2012. Este ciclo inclúe sete concertos nos que a Banda Municipal contará ao longo de toda a tempada con sete solistas diferentes.
CULTURA
Erik Truffaz 4tet inaugura o "Jazz in Blue"
Erik Truffaz 4tet inaugura o ciclo Jazz in Blue na nosa cidade o sábado 18, a partir das 21:00 horas, no Teatro Principal. Despois del, dentro deste ciclo estarán Joe Lovano Quartet, o 6 de marzo no Auditorio de Galicia, e The Bad Plus, de novo no Principal o 13 de maio.