CENTROS SOCIOCULTURAIS
Máis de 80 actividades para celebrar o Entroido nos centros socioculturais
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, presentou a programación básica dos centros e locais socioculturais, que levará un amplo programa de actividades e servizos a todos os barrios e parroquias de Santiago. Ademais, deu conta das actividades previstas para este Entroido.
COMERCIO
Os gañadores dos sorteos das Noites Abertas recolleron os seus premios en Raxoi
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e a concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, entregaron os premios aos gañadores nos sorteos do programa Noites Abertas, nun acto celebrado no salón vermello de Raxoi.
TURISMO
A parroquia de Marrozos celebra o seu tradicional atranque dos Xenerais da Ulla
O campo da festa de Marrozos acollerá o sábado 11, ás 19:30 horas, un tradicional alto ou atranque do Entroido dos Xenerais da Ulla. Pero antes, durante todo o día, toda a comparsa, formada por xenerais, correos, coros e parrandas, percorrerá a parroquia convidando aos veciños e visitantes a participar neste Entroido tradicional.