URBANISMO
Bota a andar o rexistro en Urbanismo
Comezou a funcionar o rexistro auxiliar de Urbanismo, creado para mellorar a tramitación de expedientes urbanísticos e reducir os prazos dos mesmos.
TURISMO
A publicación "Santiago. Mmm... que rico!" axuda os máis pequenos a descubrir a cidade a través da súa gastronomía
A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, presentou Santiago. Mmm... que rico!, unha nova publicación de Turismo de Santiago pensada para que os máis pequenos descubran a cidade a través da gastronomía. Participarán nun xogo-guía co que aprenderán ao mesmo tempo que pasan un bo rato xogando polas rúas da cidade. A concelleira estivo acompañada da xerente de Turismo de Santiago, Maruxa Ledo.
TRÁFICO
Listo o dispositivo habitual para combater as xeadas previstas para os próximos días
Ante a previsión de baixas temperaturas do xoves ao domingo, motivadas por unha ola de frío polar, o Concello ten listo o dispositivo para facer fronte ás xeadas que se puideran producir durante a noite. Unha brigada municipal seguirá a botar sal nas zonas máis altas da cidade e naquelas rúas onde sexa necesario de ser intensas as xeadas.
ALCALDÍA
O Concello aposta por converter a nave 5 do Mercado de Abastos nun escaparate da gastronomía compostelá e galega
Celebrouse en Raxoi unha reunión da comisión de seguimento das obras da Praza de Abastos, presidida polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa. Ademais dos representantes municipais, participou persoal do Ministerio de Fomento e da Xunta de Galicia.
CULTURA
The Gift inaugura o ciclo Sons 2012
O ciclo Sons 2012 inaugurase o xoves 2 de febreiro no Teatro Principal co único concerto en Galicia da xira Primavera e Explode: mil cores posibles, dos The Gift. Os portugueses chegan a Compostela dentro desta xira cun concerto no que presentan as novas cancións gravadas no Centro Cultural de Belém e as máis recentes dos seu último disco, Explode. O seguinte concerto do ciclo será o 11 de febreiro no Auditorio de Galicia, con The Idan Raichel Project.