ALCALDÍA
O Concello aproveitará as inminentes obras da praza de Abastos para realizar os estudos do estacionamento subterráneo
As obras da praza de Abastos están a piques de comezar. Unicamente están pendentes do nomeamento, por parte do Ministerio de Fomento, dos directores de obra e de seguridade, segundo lle comunicou o delegado de Tragsa en Galicia, Álvaro Ansías, ao alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, nunha reunión celebrada en Raxoi.
ALCALDÍA
Compromiso municipal para axilizar as expropiacións dos terreos para o futuro Instituto de Ciencias do Patrimonio
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co coordinador do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia, Uxío Labarta. No encontro falaron do estado actual do proxecto do futuro Instituto de Ciencias do Patrimonio, que se situará nas Brañas do Sar.
FESTAS
Un "picheleiro de pro" abrirá as Festas do Apóstolo máis abertas á cidadanía
Os concelleiros María Castelao e Adrián Varela presentaron o programa definitivo das Festas do Apóstolo. Estiveron acompañados por Alfonso González Puentes, un compostelán que será nesta edición o encargado de pronunciar o pregón na praza do Obradoiro.
CONSORCIO
Últimos días para visitar "Domus Iacobi"
Máis de 22.000 persoas xa entraron no Colexio de Fonseca dende o mes de abril para admirar a exposición Domus Iacobi, cando quedan cinco días para o seu peche. A mostra concentra unha selección de pezas representativas das diferentes fases construtivas da Catedral, dende a primitiva basílica prerrománica ata os nosos días, facendo especial fincapé na asombrosa obra da Catedral románica, consagrada agora hai 800 anos. Ademais, o Consorcio de Santiago e o Cabildo catedralicio publicaron un catálogo da...