CONSORCIO
Os Fogos do Apóstolo incorporarán as últimas tecnoloxías de realidade virtual
Presentáronse na sede do Consorcio de Santiago os Fogos do Apóstolo 2011, que este ano realizará a empresa GPD (General de Producciones y Diseño). O evento inclúe o espectáculo de luz, son e pirotecnia da noite do 24 de xullo dende a praza do Obradoiro, cunha duración de 30 minutos, un resumo deste para as noites do 25 ao 30 de xullo e un castelo de fogos de artificio para a noite do 31 de xullo, que se ubicará na Alameda.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno municipal establece un maior control orzamentario e de gasto no Concello
A Xunta de Goberno local aprobou en sesión urxente medidas para un control máis exhaustivo do orzamento e do gasto no Concello. Así o explicou a súa voceira, Paula Prado, indicando que "cada gasto será autorizado e fiscalizado polos servizos económicos".
ALCALDÍA
O alcalde repasou co delegado do Goberno as actuacións pendentes do Estado en Santiago
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse en Raxoi co delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo. No encontro analizaron o estado das actuacións que o Estado ten en marcha ou en proxecto para Santiago e tamén cuestións relativas á seguridade das vindeiras Festas do Apóstolo.
CULTURA
Unha exposición na Alameda ofrece un itinerario visual polos ecosistemas de España
A Alameda acolle a exposición Biodiversidade en España, organizada pola Fundación Biodiversidade, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundación Repsol, coa produción de Lunwerg Editores.
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago de Compostela asume a presidencia do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España
Coa súa toma de posesión o 1 de xullo, o alcalde de Santiago, Xerado Conde Roa, asumiu tamén a Presidencia do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Este cargo é rotativo entre os alcaldes de cada unha das cidades e ten unha duración dun ano.