ALCALDÍA
Conde Roa avoga por un axuste orzamentario e por un cambio de formato para o Fórum Gastronómico 2012
Tras manter unha reunión cos organizadores do Fórum Gastronómico, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, indicou que o Concello cre necesario un axuste orzamentario neste evento e tamén algún cambio de formato no mesmo. En particular, a principal esixencia municipal é que a empresa sexa a que asuma a organización do Fórum e que as Administracións, e entre elas o Concello, axuden coas súas achegas.
DEPORTES
Recibimiento aos deportistas composteláns participantes nos Xogos do Eixo Atlántico
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, saudaron aos participantes na IX edición dos Xogos do Atlántico, celelebrada na localidade portuguesa de Matosinhos do 3 ao 8 de xullo. 62 deportistas composteláns (36 mozos e 26 mozas) participaron nesta competición.
BENESTAR SOCIAL E SEGURIDADE CIDADÁ
Paula Prado e Albino Vázquez falaron co Valedor do Pobo sobre medidas para evitar o consumo de alcohol por menores
Os concelleiros de Benestar Social e Familia, Paula Prado, e de Seguridade Cidadá, Albino Vázquez, reuníronse co Valedor do Pobo, Benigno López. Na xuntanza falaron sobre as recomendacións que a institución realiza para evitar o consumo de alcohol entre menores e sobre posibles medidas a adoptar.