ALCALDÍA
Recepción á Asociación de Empresarios de Aluguer de Grúas de Servizo Público
O alcalde compostelán en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á xunta directiva da Asociación de Empresarios de Aluguer de Grúas de Servizo Público.
EDUCACIÓN
As escolas musicais da cidade saen á rúa con motivo do Día Europeo da Música
Coincidindo coa chegada do verán, o 21 de xuño celébrase unha nova edición do Día Europeo da Música. Con tal motivo, as escolas municipais da cidade saen á rúa para amosar o seu traballo a través dun amplo programa de actividades musicais do 20 ao 25 de xuño.
CULTURA
Chegan a Sons os diálogos entre voz e piano de Ana Belén e Rosa Torres-Pardo
Última cita desta temporada con Sons da Diversidade, ciclo organizado pola Concellaría de Cultura. Será o venres 17, a partir das 21:00 horas, da man de Ana Belén e Rosa Torres-Pardo, que presentan Música Calada. A vida rima, diálogos entre piano e voz nos que alternan poesía española e música para piano a modo de pregunta resposta. As entradas xa están á venda na web de Caixa Galicia e no despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O prezo é de 20 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos...
CENTROS SOCIOCULTURAIS E BENESTAR SOCIAL
Últimos dous días para inscribirse no campamento "Viaxandoando polo mundo"
As concellarías de Centros Socioculturais e de Benestar Social poñen en marcha Campamento urbano: Viaxandoando polo mundo, un programa de conciliación familiar e laboral, destinado a familias con nenos/as empadroados no Concello de entre 6 e 12 anos.