ALCALDÍA
O alcalde en funcións confía en que as obras do Museo das Peregrinacións e de Santiago estean rematadas a finais de setembro
O proxecto de intervención no antigo Banco de España para adecualo á nova función de Museo das Peregrinacións e de Santiago avanza a bo ritmo, tal como comprobou o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, nunha visita ás obras.
CULTURA, MEDIO AMBIENTE E BENESTAR SOCIAL
O programa "Vive o Verán 2011" propón 85 actividades ao aire libre
As concellarías de Cultura e Centros Socioculturais, Medio Ambiente e Benestar Social poñen en marcha a terceira edición do programa Vive o Verán. Contén 85 actividades ao aire libre destinadas a público de todas as idades. Prazas, rúas, parques, centros socioculturais e centros de interpretación ambiental serán os escenarios destas actividades de aprendizaxe, deporte, cultura e lecer.
CONSORCIO
Investigacións das universidades de Cottbus e Berna descobren aspectos descoñecidos na construción da Catedral de Santiago
O ciclo de conferencias que organiza o Consorcio para dar a coñecer diferentes aspectos do Plan Director da Catedral de Santiago continúa na súa terceira xornada cun programa no que as Universidades de Cottbus (Alemaña) e Berna (Suíza) exporán, por primeira vez, novidosas conclusións sobre aspectos construtivos da fábrica románica da Catedral.