ALCALDÍA
Publícanse na web do Concello as contas municipais do exercicio 2010
A páxina web municipal inclúe xa un enlace específico na súa portada dende o que se poden consultar as contas municipais correspondentes ao exercicio 2010.
ALCALDÍA
Xosé A. Sánchez Bugallo despediuse do Valedor do Pobo, Benigno López
O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse co Valedor do Pobo, Benigno López.
CULTURA
A gala internacional "Campo de estrelas" pon punto e final a Compostela Máxica 2011
A V Semana Internacional do Ilusionismo Compostela Máxica 2011, organizada pola Concellaría de Cultura, despídese esta fin de semana coa celebración da gran gala "Campo de estrelas", que reunirá os mellores ilusionistas do panorama internacional. O Auditorio de Galicia acollerá o sábado e domingo a partir das 21:00 horas as actuacións dos ilusionistas franceses Norbert Ferré, Erik Lantine&Valerie e Jerome Murat, do catalán Charlie Mag e do galego Mago Vituco.
CONSORCIO
O exemplo da Sagrada Familia, protagonista na primeira xornada do ciclo de conferencias sobre o Plan Director da Catedral
O luns 13 de xuño arrinca o ciclo de conferencias organizado con motivo da presentación do Plan Director da Catedral de Santiago. Na primeira xornada estará presente o arquitecto Jordi Faulí i Oller (Barcelona, 1959), que forma parte do actual equipo construtor da Sagrada Familia de Barcelona, dirixido por Jordi Bonet.