CULTURA
Elena Furiase, Pablo Puyol, Jorge Sanz, Antonio Albella e José Sánchez chegan a Compostela con "Crime Perfecto"
Elena Furiase, Pablo Puyol, Jorge Sanz, Antonio Albella e José Sánchez chegan a Compostela para representar Crime Perfecto, de Frederick Knott, dentro do ciclo Teatro en Xira. O espectáculo poderá verse no Auditorio de Galicia o sábado 14 de maio a partir das 21:00 horas. As entradas -a 15 euros, cun desconto do 50% para xubilados e menores de 25 anos- están á venda na billeteira virtual de Caixa Galicia.
ALCALDÍA
O alcalde reuniuse co ministro de Economía de Uruguai, Fernando Lorenzo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi co ministro de Economía de Uruguai, Fernando Lorenzo, de visita en España para manter distintos contactos políticos e empresariais.
TRANSPORTES
O servizo de transporte urbano de Santiago incorpora tres novos autobuses á súa flota
O concelleiro de Transportes e Mobilidade, Carlos Nieves, presentou os tres novos autobuses do servizo de transporte urbano. Anunciou que de aquí a finais de ano se incorporarán outros tres, cos que serán 11 os autobuses incorporados en 2011, integrando así "unha das flotas máis novas de Galicia", composta a día de hoxe por 51 vehículos.
CONSORCIO
Fernando Buide e catro solistas da Real Filharmonía, protagonistas do cuarto concerto do Compostela Organum Festival
A cuarta xornada do Compostela Organum Festival, organizado polo Consorcio da Cidade de Santiago, acolle o sábado 14, ás 20:30 horas, un concerto a cargo do organista e compositor compostelán Fernando Buide e catro solistas da Real Filharmonía de Galicia, na igrexa das Ánimas, recentemente restaurada.
CONSORCIO
Estrella Galicia asina o acordo polo que se converte nun dos patrocinadores do 800 Aniversario da Catedral de Santiago
O presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro Delegado de Hijos de Rivera S. A., José María Rivera, asinaron o acordo polo cal a empresa pasa a ser patrocinadora do 800 Aniversario da Catedral de Santiago. Hijos de Rivera S. A. é produtora da coñecida cervexa Estrella Galicia.
CULTURA
Gala de Clausura e entrega de premios de Curtocircuíto no Teatro Principal
Coa Gala de Clausura do sábado 14 e, a continuación, a entrega de premios ás curtas gañadoras das distintas categorías a concurso na Sección Oficial, o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto case chega ao seu fin. E case porque domingo haberá proxeccións fóra de concurso coas que si se poñerá punto e final a esta edición. Nestes días, os 19 membros dos xurados das diferentes categorías analizaron polo miúdo todas e cada unha das curtas que compiten, quedando...