TURISMO E CULTURA
Santiago prepárase para un "Nadal Único"
O Concello de Santiago ofrecerá este ano un programa de Nadal amplo e diverso, no que se implicaron todas as Concellerías con competencias na materia. Os edís de Cultura, Ángel Currás, e de Turismo, Reyes Leis, deron conta en rolda de prensa das actividades organizadas polos seus departamentos.
EDUCACIÓN
Abrese o prazo para a presentación dos carteis de Nadal
A Concellería de Educación convoca unha nova edición do concurso "Cartel de Nadal" dirixida a todos os escolares de Santiago. O debuxo gañador ilustrará o programa de nadal do Concello. Os traballos poden presentarse ata o 14 de decembro.
ALCALDÍA
O alcalde inaugura as sextas xornadas de negocio internacional do Banco Sabadell
O Palacio de Congresos está a acoller as Sextas Xornadas de Negocio Internacional organizadas polo Banco Sabadell, que foron inauguradas polo rexedor compostelán, Xerardo Conde Roa. O alcalde deulles a benvida e agradeceulles que escolleran Santiago como sede da xuntanza.
CULTURA
Cineuropa proxecta na súa última semana o cine máis transgresor
Cineuropa proxecta na súa última semana os títulos que máis expectación teñen espertado este ano nos distintos certames internacionais. A catro días de que remate esta XXV edición de Cineuropa, os afeccionados aínda teñen oportunidade de gozar do cine máis transgresor ou extremo nas súas formas ou contidos.