IGUALDADE
O Concello e outras oito entidades comprométense a promover a conciliación e a crear un observatorio
19/07/2010
Ler máis
O alcalde compostelán, Xosé. A. Sánchez Bugallo, presidiu en Raxoi o acto de sinatura do Pacto Local pola Conciliación na cidade de Santiago. O Concello e outras oito entidades subscribiron este acordo, que ten como obxectivo expresar o compromiso de traballar e avanzar de cara a un futuro onde a conciliación da vida familiar, laboral e persoal se converta nunha realidade para a poboación compostelá.
ALCALDÍA
A Fundación Granell amosa novos fondos achegados pola familia do artista
19/07/2010
Ler máis
A Fundación Granell retoma a súa programación habitual de actividades coa inauguración da exposición Novos fondos da Fundación. Obra de Eugenio Granell. A mostra está composta por unha inxente cantidade de obra de Eugenio Granell, que ocupará todo o espazo expositivo do museo.