TRANSPORTES
Máis servizos de verán no transporte urbano
O xoves 1 de xullo entran en vigor os horarios de verán na rede de transporte urbano. Nesta temporada aumentan un 2% os servizos respecto ao verán de 2009.
FACENDA
A Concellaría de Facenda presenta uns orzamentos axustados ao plan de austeridade derivado da baixada de ingresos
A Concellería de Facenda presentou á Xunta de Goberno Local o estado de ingresos e gastos consolidados do Concello, o Auditorio de Galicia e das tres empresas municipais -INCOLSA, TUSSA e EMUVISSA-, para a súa aprobación. O gasto consolidado queda fixado en 120.178.138,39 euros e os ingresos consolidados en 119.279.607,22 euros.
MEDIO AMBIENTE
Os "Mercados entre lusco e fusco" achegan de novo a produción ecolóxica a Belvís
"Os mercados entre lusco e fusco son mercados de productos ecolóxicos e de proximidade previstos para os martes no serán nas terrazas do Parque de Belvís". Así os presentaba hai uns días a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos. Despois da edición inaugural, o martes 29 volven abrir de novo ao público, e así será todos os martes dos vindeiros meses, nun horario de 19:00 a 22:00 horas no parque de Belvís.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán "AnimaLingua"
Abriuse o prazo de preinscrición para o campamento de verán AnimaLingua, organizado pola Concellería de Normalización Lingüística. Ata o 16 de xullo poderán anotarse os interesados nesta actividade, dirixida a nenos e nenas de 8 a 12 anos. Esta edición, o campamento desenvolverase do 16 ao 28 de agosto no Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso", en Sarreaus (Ourense).