URBANISMO
Iago Lestegás destaca na apertura do simposio "Urban Solutions" o compromiso do Concello de Santiago coa sustentabilidade urbana
O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, participou no Simposio "Urban Solutions" en que se analizaron algúns dos desafíos das cidades no século XXI e na súa intervención afirmou que "o Concello de Santiago está comprometido coa sustentabilidade urbana e quere que a capital galega sexa un referente internacional nesta materia".
ALCALDÍA
O Concello de Santiago recibe a visita do equipo da película 'O Corno', gañadora da Cuncha de Ouro en San Sebastián
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e varias representantes da Corporación municipal recibiron esta mañá a Jaione Camborda, Andrea Vázquez e Janet Novás, directora, produtora e actriz do filme galego 'O Corno' que o pasado 30 de setembro foi galardoado coa Cuncha de Ouro á mellor película na 71ª edición do Festival de Cine de San Sebastián.
URBANISMO
O TSXG anula a licenza da estación de carburantes de Brandia
O TSXG vén de confirmar a sentenza de derrubo da estación gasolineira de Brandia, ao desestimar o recurso presentado polo Concello, Carburantes Lugo e o Colexio de Arquitectos/as ante a resolución de primeira instancia ditada polo Xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Santiago de Compostela.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concello lanza o ciclo de actividades formativas 'Compostela Móvese 2023' centrado na mellora empresarial da contorna
O vindeiro 9 de outubro arranca un ciclo de accións formativas dirixido a empresas e profesionais da área empresarial de Santiago para mellorar a súas competencias en ámbitos como a dixitalización, marketing ou xestión de persoal, entre outros. Impulsado pola Oficina de Promoción Económica do Concello de Santiago, o programa 'Compostela Móvese 2023' ofertará un total de 58 cursos tanto en modalidade presencial como teleformación.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada o pasado 28 de setembro en Toledo, vítima de violencia machista.
CAPITAL CULTURAL
Aberto desde o 4 de outubro o prazo de solicitude de axudas para as actividades culturais do sector profesional
Ata o 20 de outubro permanecerá aberto o prazo de presentación de solicitudes para optar ás axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional, convocadas polo Concello de Santiago a través da Concellaría de Capital Cultural. Esta convocatoria de subvencións, ás que se destinan 250.000 euros, ten por obxecto o fomento das actividades culturais organizadas polas persoas e entidades dedicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artísticas durante o ano 2023.
ALCALDÍA
O Pazo de Raxoi recibe a visita da nova consulesa xeral de Cuba en Santiago
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi á consulesa xeral de Cuba en Santiago de Compostela, Ingrid Izquierdo Sterling.
CAPITAL CULTURAL
O narrador zamorano José Luis Gutiérrez ‘Don Guti’ trae a Santiago o seu último espectáculo
‘Cando Deus andaba polo mundo’ reúne historias que narran as aventuras de Cristo e San Pedro polas terras da raia. A función será este venres, 6 de outubro, ás 21 horas no CSC As Fontiñas, con entrada libre ata completar o aforo.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia inicia a súa nova temporada, Migracións
No primeiro concerto levará a batuta o director titular e artístico, Baldur Brönnimann, e actuará como solista o pianista Alberto Rosado. O número de abonados do Auditorio de Galicia nesta temporada increméntase nun 14% respecto á anterior.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
María Rozas visita a sede da Asociación Fonte da Virxe de familiares de persoas con enfermidade mental
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais visitou esta mañá o centro de rehabilitación psicosocial da Asociación Fonte da Virxe de familiares de persoas con enfermidade mental. María Rozas mantivo un encontro coas responsables da entidade, que o ano que vén cumprirá 30 anos.