XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a adxudicación da obra para novos miradoiros no Monte Pedroso e axudas ao deporte federado por 300.000 euros
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, acordou adxudicar as obras de acondicionamento de espazos para miradoiros no Monte Pedroso, así como dar luz verde aos proxectos para a execución dunha sala de usos múltiples no Centro Sociocultural da Rocha Forte e para a pavimentación dos lugares de Bar de Arriba, Bar de Abaixo e rúa dos Asidros. Tamén aprobou a resolución das axudas ao deporte federado por 307.999,77 euros. De todos os asuntos deu conta en rolda de prensa a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.
XUNTA DE GOBERNO
Convocadas as subvencións a empresas de economía social cunhas novas bases que priorizan o emprego de mulleres, persoas con discapacidades e colectivos en risco de exclusión
A Concellería de Dereitos e Servizos Sociais pon en marcha unha nova convocatoria das subvencións destinadas a apoiar as empresas de economía social, cunhas bases nas que se introduciron modificacións co obxectivo de incentivar o emprego feminino e de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión. Explicouno hoxe a concelleira María Rozas, despois da aprobación da convocatoria na Xunta de Goberno celebrada esta mañá. Ás axudas destinarase un importe total de 160.000 euros.
CAPITAL CULTURAL
Curtocircuíto pecha a súa vixésima edición coa entrega de premios aos filmes gañadores
A vixésima edición do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto chega ao seu final cun acto de clausura no que participaron a alcaldesa do Concello de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, a concelleira de Capital Cultural, Miriam Louzao, o director de AGADIC, Jacobo Sutil, a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, e o director artístico de Curtocircuíto, Pela del Álamo. Tamén asistiron representantes dos...
SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
O Concello instalará seis novas illas comunitarias de compostaxe antes de final de ano
O Concello de Santiago de Compostela, na súa aposta pola compostaxe, ten previsto instalar seis novas illas comunitarias antes de que remate o ano, polo que se prevé que as obras se inicien neste mes de outubro e estean rematadas no mes de novembro. O seu principal obxectivo é promover a reciclaxe de residuos orgánicos entre a veciñanza que habita en vivendas comunitarias e conta cun espazo público adecuado na súa contorna.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A concelleira María Rozas participou na Asemblea Xeral de REDEL celebrada en Euskadi
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, participou onte xoves en Donostia-San Sebastián na Asemblea Xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, REDEL, da que forma parte o Concello de Santiago. A Asemblea aprobou a incorporación dunha nova entidade á rede, a Deputación da Coruña, contando xa con 33 entidades asociadas. Así mesmo, aprobouse o plan de xestión e o orzamento para o novo exercicio 2024.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio e Paradores presentan a súa oferta ante operadores turísticos e medios especializados de Milán
O presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e alcalde de San Cristóbal de la Laguna, Luis Yeray Gutiérrez, destaca que "España é o destino preferido polos turistas italianos e, no ano do trixésimo aniversario do noso Grupo, queremos que descubran 30 razóns para visitar e percorrer 15 cidades de valor excepcional". O acto, dirixido a operadores turísticos e medios especializados, foi organizado coa colaboración da Oficina Española de Turismo en Milán e contou coa conselleira de...
CAPITAL CULTURAL
A Escola de Música de aCentral Folque presenta un novo curso con paseos musicais pola cidade e concertos nos centros socioculturais como novidades
aCentral Folque continúa coa oferta de formación continua na súa Escola de Música -EMaCF- logo de quince anos en Santiago de Compostela aprendendo arredor das músicas populares. Nesta ocasión, o curso presenta como novidades concertos nos centros socioculturais e paseos musicais pola cidade. A programación completa foi presentada en rolda de prensa pola concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, e polo coordinador da Escola de Música, Mauro Sanín.
SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
O Concello realizará unha intervención para mellorar o parque de cans de Belvís
O concelleiro de Dereitos dos Animais e Parques e Xardíns, Xesús Domínguez, mantivo un encontro con persoas usuarias do parque de Belvís e avanzou que o Concello realizará unha actuación para mellorar o estado en que se encontra este espazo.
TURISMO
Compostela participa na Asamblea de Outono da "City Destinations Alliance" sobre turismo sostible
A City Destinations Alliance, a anteriormente chamada European City Marketing, é a principal rede de cidades turísticas de Europa.
CAPITAL CULTURAL
A Banda Municipal de Música arranca unha nova tempada baixo o título 'Postais'
'Postais' é o título da nova tempada de concertos da Banda de Música Municipal de Santiago que se desenvolverán ata o próximo mes de decembro no Teatro Principal e no Auditorio de Galicia. Este primeiro ciclo de 9 concertos arrancará este domingo ás 12:00 no Teatro Principal coa proposta "dende a orixe".