PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Maker Faire Galicia reinvéntase na súa décima edición
A Maker Faire Galicia celebra neste 2024 a súa décima edición, e faino estreando un formato innovador. Este ano, o evento, un dos máis destacados do mundo maker en Europa, estenderáse durante varios meses, con tres xornadas independentes dedicadas a tres temáticas fundamentais: emprendemento e innovación social, oficios e artesanía e industria. A primeira cita da Maker Faire será o próximo 29 de xuño en Área Central.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica o servizo de reparación e reforma de colexios e edificios municipais por preto de 1,5 millóns de euros
Na súa sesión ordinaria, a Xunta de Goberno deu luz verde á adxudicación do contrato para o servizo de conservación, reparación e pequena reforma de diversos edificios e instalacións dependentes do Concello de Santiago de Compostela para os vindeiros dous anos. Ademais, aprobou a Oferta de Emprego correspondente ao 2024.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as bases da convocatoria de subvencións a asociacións culturais para o 2024
A Xunta de Goberno local aprobou na sesión de hoxe as bases da convocatoria de subvencións a asociacións culturais 2024 por un importe total de 38.000 euros, así como a convocatoria de dous premios: o Exeria de proxectos de creación literaria; e o Premio Selic.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello asume as conexións eléctricas nas actividades recreativas promovidas por comisións de festas e asociacións culturais e veciñais
A concellaría de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais vén de asumir a prestación do servizo de execución das conexións eléctricas para a celebración de actividades recreativas promovidas por comisións de festas, ou asociacións veciñais e culturais. O departamento que dirixe Xan Duro procura, desta maneira, facilitar a tramitación das autorizacións para eventos como as cacharelas e sardiñadas de San Xoán. Para iso, a Xunta de Goberno aprobou hoxe unha modificación das normas de...
ALCALDÍA
O goberno de Santiago afronta o segundo ano co foco na protección do comercio local
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, fixeron hoxe hoxe balance do primeiro ano do mandato, nunha comparecencia na que estiveron acompañadas por todos os concelleiros e concelleiras do Goberno. No acto, a rexedora da capital galega afondou na vontade do Goberno "de seguir traballando por un concello para as persoas", e nesa liña anunciou que "o segundo ano de mandato estará marcado polas medidas de protección ao comercio de proximidade que vimos de adoptar na Xunta de Goberno...
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa nova temporada 2024/2025, titulada ‘Inconformistas’
Baldur Brönnimann, director titular e artístico, pon en valor a pegada de creadoras e creadores que desafiaron os canons e abriron novas vías sonoras. A formación das novas xeracións seguirá a ser un dos obxectivos estratéxicos. A orquestra incorpora dúas novas figuras artísticas: a violinista Amandine Beyer será artista en residencia e Raquel García-Tomás será compositora en residencia
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
O Concello súmase á celebración do Día Nacional das Linguas de Signos coa lectura dun manifesto
Hoxe, 14 de xuño, celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas e con tal motivo deuse lectura a un manifesto na praza do Obradoiro nun acto organizado pola Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela ao que asistiron os representantes de todos os grupos municipais: Míriam Louzao (BNG), María Rozas (CA), Olaya Otero (PP) e Sindo Guinarte (PSdG), así como a presidenta da entidade, Fátima Granja.
RURAL
A concelleira Pilar Lueiro dá un pulo ao rural de Compostela coa activación do Consello municipal para este ámbito
O Goberno municipal de Santiago constitúe no mesmo día dous órganos de participación da veciñanza para escoitar as súas demandas. A concelleira de Rural, Pilar Lueiro, explicou o plan de rozas e avanzou un novo calendario para 2025 e un investimento de 5 millóns de euros para o Ciclo da Auga.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
O Encontro Artes pola Integración regresa a Santiago na súa XIII edición
Santiago e A Coruña comparten este ano a programación do XIII Encontro Artes pola Integración, que regresa á capital galega despois de varias edicións tendo á cidade herculina como única sede. O festival, que se desenvolverá entre o 19 de xuño e o 6 de xullo, utiliza as artes escénicas como vehículo de integración e vertebración social e como ferramenta para visibilizar proxectos e persoas con diferentes capacidades, moitas veces excluídas socialmente. O programa conta co apoio da...
CAPITAL CULTURAL
O XII Festival Atlántica fai de Galicia o epicentro da narracións oral do 1 ao 7 de xullo
A primeira semana de xullo Atlántica vaise desenvolver en 25 concellos de toda Galicia e consolídase en Portugal con 5 sedes. Máis de 90 funcións de 45 propostas escénicas diferentes desenvolvidas por 50 artistas procedentes de Brasil, Xapón, Portugal, Italia, Cuba, Salamanca, Zamora e Galicia. Descentralizado, transfronteirizo, multiformato e integrador: Atlántica 2024 renova o seu compromiso co territorio e a súa xente.