IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada o pasado domingo na provincia de Alacante, vítima de violencia machista.
FESTAS
A SD Compostela presenta o ‘Composfest’ que terá lugar durante as Festas da Ascensión
Carlangas será o cabeza de cartel dun festival que ten Compostela como eixo e que se celebrará o venres 19 de maio na praza da Quintana no marco do programa de Festas da Ascensión do Concello de Santiago.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago aproba a licitación da substitución da cuberta do Pazo de Congresos
Tamén se avanzou nas liñas dunha futura orde de subvencións para a elaboración de proxectos de rehabilitación e plans de mantemento dos edificios monumentais de maior catalogación.
BARRIOS E OBRAS
O alcalde explica á veciñanza as diferenzas entre o proxecto actualizado da segunda fase de reubanización de Castrón Douro e o anterior
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, explicou á veciñanza de Castrón Douro e Sar as diferencias entre o proxecto anterior; e o proxecto actualizado da segunda fase de reubanización de Castrón Douro e Sar que definiu como a solución executable máis viable, máis rápida ao estar xa dotada de orzamento, menos arriscada a nivel arqueolóxico, e "coa que todos melloran e non empeora ninguén".
Pola súa banda, a veciñanza expresoulle as súas inquedanzas e preguntou...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local aproba a licitación do "Espazo interxeracional de Sar"
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o o expediente de contratación das Obras para a creación dun espazo interxeracional no barrio de Sar en Santiago de Compostela, cun orzamento base de licitación de 128.267,49 euros. O espazo foi deseñado coa finalidade de que as persoas das xeracións máis novas e as de máis idade compartan coñecementos e experiencias en aras dun beneficio mutuo. É un xeito de reforzar a dimensión social deste parque, pensado para potenciar a empatía e comprensión entre xeracións,...
TURISMO
O Revera Vinum poñerá en valor as excelencias dos viños galegos durante dous días
O Encontro inaugurouse esta mañá no San Francisco Hotel Monumento cunha visita guiada á feira encabezada polo alcalde Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; o conselleiro de Medio Rural, José González; e os voceiros dos grupos municipais.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno municipal dá luz verde á contratación do proxecto dun novo portal web, da APP e da intranet municipais
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns, día 27 de marzo, a contratación da creación dun novo portal web, dunha APP municipal e da Intranet municipal todos eles vinculados a un novo sistema de información baseado na tecnoloxía emerxente Web 4.0. Este servizo sae a licitación por 299.916,88 euros.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
O espazo infantil a carón do Centro Sociocultural de Lavacolla, leva, desde hoxe, o nome de Janusz Korczak
A zona infantil situada detrás do Centro Sociocultural de Lavacolla, chámase, desde hoxe, "Parque infantil de Janusz Korczak". O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu este mediodía o descubrimento da placa en homenaxe á memoria deste médico e educador polaco. É, segundo explicou o doutor Antonio Pombo, o primeiro espazo público do Estado Español en levar o nome de Janusz Korczak.
ACCIÓN CULTURAL
Preséntase o libro "Os alcaldes e as corporacións da II República en Santiago de Compostela", editado polo Concello
Este mediodía presentouse, no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia da Cidade Histórico, o libro "Os alcaldes e as corporacións da II República en Santiago de Compostela". A publicación recolle, en máis de cen páxinas, as biografías de Raimundo López Pol, Francisco Vázquez Enríquez, Ánxel Casal Gosenge, e José Germán Fernández; asi como o funcionamento da vida municipal e o contexto social, económico e político no que desenvolveron as súas funcións. ...
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Compostela lembra con dúas placas o legado dos xornalistas Diego Bernal e José Luis Rey-Alvite
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe nos actos de descubrimento de dúas placas en homenaxe os xornalistas Diego Bernal e José Luis Rey-Alvite. Con esta iniciativa da Asociación de Periodistas de Galicia (APG), secundada polo Concello, a cidade quere recoñecer a memoria e o legado destes dous importantes comunicadores composteláns.