IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada na Coruña o pasado 2 de agosto, vítima de violencia de xénero.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concello pon en valor as iniciativas empresariais locais coa campaña "Feito en Santiago"
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a campaña "Feito en Santiago", unha acción que ten como obxectivo "poñer en valor as iniciativas empresariais locais que contribúen ao desenvolvemento económico do noso municipio". A iniciativa enmárcase no programa "Compostela Móvese" de apoio á cultura emprendedora, e vaise desenvolver ata o mes de novembro.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica as obras de pavimentación da rúa das Baleixas, en Marrozos
A concelleira Míriam Louzao deu conta hoxe en rolda de prensa dos asuntos tratados na Xunta de Goberno, entre os que salientou a adxudicación do contrato para as obras de pavimentación da rúa das Baleixas, en Marrozos, así como a concesión de 8 licenzas de obra.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
Publicada a resolución provisional da convocatoria de bolsas de comedor, material e actividades extraescolares: un 40% máis de axudas concedidas e sen listas de agarda
Máis de 2.000 alumnos e alumnas serán beneficiarios no próximo curso 2024-2025 das bolsas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares que concede a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, case un 40% máis que no curso anterior. Así se desprende da resolución provisional da convocatoria destas axudas, da que hoxe deu conta a concelleira María Rozas.
CAPITAL CULTURAL
As artes escénicas protagonizan a primeira semana do Festival C
O Festival C arrancou cunha trintena de actividades que encherán o mes de agosto de propostas culturais de balde para todos os públicos. A compañía compostelá VacaBurra abre ás 20.00 horas o espazo de danza no cemiterio de Bonaval con Ruar, unha peza dirixida por Gena Baamonde e interpretada por Davide González e Andrea Quintana que convida a deambular sen rumbo predeterminado, permitir que sexa o corpo quen decida o percorrido e deixarse sorprender por canto acontece.
FESTAS
Pilar Lueiro no balance do Apóstolo 2024: "O éxito das festas deste ano avala o acerto de apostar por que a veciñanza as faga súas"
Tras as Festas do Apóstolo, a concelleira desta área, Pilar Lueiro, fai unha valoración "altamente positiva" da programación baseándose "na considerable afluencia de público en todas as actividades, que é o indicador máis evidente e palpábel deste éxito".
ALCALDÍA
Goretti Sanmartín, na sinatura do Clínico: "Hoxe avanzamos na resolución dunha importante preocupación para Compostela e a súa área"
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asinou hoxe o protocolo de colaboración coa Xunta polo que se establecen as bases para a ordenación da contorna e a mellora da accesibilidade ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Na súa intervención, reivindicou a relevancia desta sinatura, que permite avanzar na resolución dunha das preocupacións da veciñanza compostelá e a súa área e agarda que sexa "un punto de partida" para acadar máis acordos e colaboración...
CAPITAL CULTURAL
Arranca o festival Feito á man 2024, que encherá de música ao vivo as rúas e prazas da cidade vella compostelá durante o mes de agosto
O FaM2024 celebrarase do 3 ao 24 de agosto, promovido pola Asociación Cultural Cidade Vella coa colaboración do Concello de Santiago e a Deputación da Coruña, e apoiado por outras empresas colaboradoras. Trece escenarios ubicados por toda a cidade vella acollerán máis de corenta propostas artísticas de diferentes estilos musicais. O escenario central será novamente o NARF e ubicarase na praza da Quintana e en Praterías.
EMPREGO
O alumnado do obradoiro de emprego Appventurers desenvolve unha app de realidade aumentada no Museo do Pobo Galego
Explorar virtualmente o Museo do Pobo Galego, e facelo ademais da man de dúas figuras como Rosalía de Castro e Castelao, é posible desde hoxe grazas á app deseñada e desenvolvida polo alumnado do obradoiro de emprego Appventurers. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a aplicación, que "pensada para outorgarlle valor engadido á visita ao espazo expositivo". Na rolda de prensa tamén participou o director do Museo, Manuel Vilar, o seu...