SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local, na ofrenda ao Apóstolo, pide pola paz en Ucraína e non abandonar ás persoas máis vulnerables
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, saudou hoxe, na Praza do Obradoiro, aos efectivos da Policía Local, con motivo dos actos do seu 175 aniversario. A continuación, tivo lugar na Catedral compostelá, a ofrenda ao Apóstolo, na que José Ramón Silva Dieste, intendente da Policía Local, apelou á paz para Ucraína, e non abandonar "aos que sofren" e a aquelas persoas máis vulnerables.
ALCALDÍA
A reurbanización do Restollal culminará o proceso de humanización de Pontepedriña
A próxima semana abrirase ao público, tamén en Pontepedriña, o renovado parque de Pérez Lugín, un "espazo máis amplo, inclusivo e adaptado a todo tipo de usuarios cunha superficie que é transitable e adaptada a persoas con mobilidade reducida" segundo avanzou a concelleira de Parques e Xardíns, Mila Castro.
ACCIÓN CULTURAL
A Praza de Cervantes acolle a feira do V Festival Rosalía
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou hoxe na apertura da feira do V Festival Rosalía. Mercedes Rosón destacou toda a iconografía creada arredor de Rosalía, "a nosa figura máis universal", da que se pode ver unha mostra nesta feira, que se desenvolverá durante toda a xornada na Praza de Cervantes. Nela pódense mercar distintos obxectos e pezas de roupa vinculados á escritora, ben a través da súa imaxe ou dos seus versos.