POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello de Santiago promove un proxecto colaborativo de innovación social para loitar contra a vulnerabilidade na cidade
Xunto ao Concello, Cruz Vermella, Cáritas, USC, Fundación Secretariado Xitano, Viaqua e Cetaqua participan achegando e analizando datos para a realización dun estudo de vulnerabilidades socio-económicas da cidade. A concelleira de Politicas Sociais, Mila Castro, presidiu esta mañá un encontro de todas as entidades que participan neste proxecto que leva por nome Big Social Santiago.
BARRIOS
O Concello de Santiago colabora co colectivo Barrio Xardín na organización do "II Mercado das Flores"
A concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o concelleiro de Mobilidade, Barrios e Obras, Gonzalo Muíños, reuníronse hoxe cunha representación do colectivo de veciños e comerciantes Barrio Xardín para ultimar os preparativos do "II Mercado das Flores", que se vai celebrar o próximo 27 de maio.
URBANISMO
Mercedes Rosón: "na regulación das VUT seguimos o rumbo marcado desde o principio"
O Goberno municipal recorda que a regulación do mantemento das actividades e usos preexistentes estaba recollida dende o inicio na modificación do Plan Xeral, concretamente no artigo 120. Polo tanto, segundo subliña a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, "non pode ser sorpresa ningunha para quen leu a normativa. É o rumbo que este goberno marcou dende o principio".