BARRIOS E OBRAS
O luns arranca a segunda fase do lote 1 do plan de asfaltado, que afectará a 13 rúas da zona urbana
O luns, 11 de xullo, comezarán as actuacións da segunda fase do "Lote 1 de pavimentos asfálticos" en zona urbana, que forman parte do mantemento de viarios municipais que está levando a cabo a concellaría de Barrios e Obras, en colaboración cos departamentos de Urbanismo e de Tráfico. Segundo explicou o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, actuarase sobre 13 viais que suman 3.009 metros cadrados; cun investimento de 111.220,48 euros; o que da un custe de 36,96 euros por metro cadrado.
MOBILIDADE
Os autobuses urbanos volverán transitar pola rúa dos Concheiros a partir do luns 11 de xullo
O luns 11 de xullo as liñas de transporte urbano retomarán os seus itinerarios pola rúa dos Concheiros:
ALCALDÍA
O alcalde visita os Parques de Sintra - Monte da Lua, certificados como experiencia singular de xestións forestal responsable
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en compañía de responsables de FSC (Forest Stewardship Council) España e Portugal, visitou os parques da cidade portuguesa de Sintra. Os responsables da empresa pública Parques de Sintra – Monte da Lua, S.A., explicaron á delegación de Santiago detalles sobre a conservación da biodiversidade dos montes urbanos de Sintra, en canto que experiencia singular de xestión forestal responsable acreditada coa certificación FSC.
TURISMO
Turismo de Santiago participa en Lisboa no proxecto Bodah para a xestión de fluxos turísticos
As medicións feitas no marco do proxecto Big and Open Data for Atlantic Heritage descarta problemas de masificación no Casco Histórico de Santiago. A Universidade Nova de Lisboa foi a anfitriona da reunión presencial do proxecto europeo Bodah, liderado por Turismo de Santiago.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Roteiro Cooperativo, unha maneira diferente de achegarse á economía social
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado de Ana Olveira, presidenta de EspazoCoop, presentou esta mañá o proxecto Roteiro Cooperativo, unha iniciativa que pretende dar a coñecer o traballo das cooperativas da cidade a través de 4 quendas organizadas nos meses de xullo, setembro e novembro
FESTAS
As festas do Apóstolo 2022 arrancan o xoves 21 de xullo co pregón a cargo do actor Tamar Novas
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou esta mañá o programa das Festas do Apóstolo, que arrancan o vindeiro xoves 21 de xullo cun pregón a cargo do actor compostelán Tamar Novas. Calexico, the New York Ska-Jazz Ensemble, Rocío Márquez e Bronquio, Calexico, Herdeiros da Crus, Jenny and the Mexicats, son algúns dos artistas que encherán de boa música as prazas da cidade. Cine ao aire libre, música tradicional, circo, cabezudos…e por suposto os tradicionais espectáculos...
TURISMO
Turismo de Santiago participa na Primeira Xornada de Conectividade Aérea Turespaña-Aena
A entidade de promoción turística municipal participou en Valencia na "Primeira Xornada de Conectividade Aérea, organizada conxuntamente por Turespaña e Aena, destinada exclusivamente a destinos turísticos, polo que se trata dunha xornada profesional destinada a un público moi específico. O obxetivo é fomentar o desenvolvemento da conectividade aéra internacional tras o Covid e coordinar mensaxes precisos de forma unificada e eficaz.
CONSORCIO
Abertas ao público as piscinas do Multiúsos Fontes do Sar tras a instalación da nova cuberta telescópica
A nova estrutura poderase abrir ou pechar total ou parcialmente en función da meteoroloxía en cuestión de segundos. A intervención do Consorcio permitiu tamén a instalación dun baño turco e unha sauna no complexo deportivo.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a licitación da actuación do grupo Calexico nas Festas do Apóstolo
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a licitación da actuación musical de Calexico o día 23 de xullo durante as festas do Apóstolo 2022 e autorizar o gasto total por importe de 42.350 euros. A escolla deste grupo faise procurando a presenza dun grupo internacional con prestixio, unha ampla repercusión musical e un importante número de seguidores en Galicia.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá un minuto de silencio pola muller asasinada en Madrid, vítima de violencia machista.