RELACIÓNS VECIÑAIS
Ábrese o prazo de presentación de solicitude de subvencións para programas e actividades realizadas polas asociacións veciñais
A partir de mañá, 18 de abril, todas as entidades interesadas poderán presentar a súa solicitude á "Convocatoria de subvencións a asociacións veciñais sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2024", tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe. Estas axudas contan cun orzamento de 98.000 euros.
CAPITAL CULTURAL E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais acollen as propostas musicais de aCentral Folque no ciclo "No campo de fóra"
O concerto de Xisco Feijóo no Centro Sociocultural do Ensanche abrirá mañá "No campo de fóra", un programa de actuacións e paseos musicais organizado pola Escola de Música de aCentral Folque en colaboración coas concellarías de Capital Cultural e Centros Socioculturais. No marco deste ciclo haberá outros catro concertos ao longo do mes de maio, e dous paseos musicais para descubrir o patrimonio de Compostela. Todas as actividades serán de balde.
VÍAS E OBRAS
O Concello acometerá traballos de mellora do firme en nove rúas da cidade
As obras arrancarán nas próximas semanas e levaranse a cabo na rúa da Presa, rúa do Campo de Santa Isabel, rúa de Vite de Abaixo, avenida do Burgo das Nacións, rúa de Pilar Miró, rúa do Tambre, rúa de San Caetano, rúa das Casas da Hedra e travesa das Casas da Hedra. O Concello destinará 358.535 euros a estas intervencións que se suman aos labores de conservación e mantemento realizadas nas últimas semanas en numerosas calzadas da cidade.
FESTAS
O Compos toma a praza da Quintana o venres da Ascensión coa 2ª entrega do ComposFest
O programa das festas incluirá a segunda cita deste festival promovido pola SD Compostela e o Concello de Santiago no que participan Dios Ke te Crew, Boyanka Kostova e Cool Nenas. A cita é o venres 10 de maio na praza da Quintana, a partir das 21 horas e de balde para o público.
CAPITAL CULTURAL
John Banville visitará a SELIC acompañado por Benjamin Black
O Festival da Lectura adianta máis nomes para a súa oitava edición, vencellados á literatura criminal: Rosa Ribas, Miguel Barrero e Bieito Iglesias.
ALCALDÍA
Goretti Sanmartín participa na reunión do Comité de coordinación aeroportuaria de Galicia
O Concello de Santiago solicitou a elaboración dun plan estratéxico para os aeroportos galegos para o periodo 2024-2028.
DEPORTES
O Concello de Santiago patrocinará o Luis Penido Rally Team nas súas competicións europeas
Ambas entidades veñen de firmar un acordo de patrocinio para esta tempada 2024 a través do cal o Concello de Santiago prestará o seu apoio ao equipo nas competicións europeas nas que vai participar. O acordo foi presentado esta mañá na praza do Obradoiro pola concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, o director deportivo do Luis Penido Rally Team, Daniel Blanco, e o piloto Luis Penido.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola últimas vítimas mortais de violencia de xénero e vicaria
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada o 6 de abril en Málaga e pola muller e os seus dous fillos menores asasinados o 9 de abril en Barcelona, últimas vítimas de violencia de xénero e vicaria.
ALCALDÍA
O Concello convoca este xoves a Comisión mixta de Peleteiro para dar conta do proceso de negociación coa propiedade
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, anunciaron esta mañá a convocatoria da Comisión Mixta Peleteiro para este xoves 18 de abril ás 17:00 horas co propósito de dar conta do proceso de diálogo levado a cabo nos últimos meses coa Sareb ao respecto do proxecto do antigo edificio de Peleteiro. A rexedora adiantou o rexeitamento por parte da propiedade das últimas propostas de modificación presentadas polo Concello co obxectivo de chegar a unha solución...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local aproba a addenda ao convenio da EDAR para axustar o financiamento
O executivo municipal aprobou esta mañá a addenda nº 1 ao convenio subscrito para a execución e explotación das obras da nova estación depuradora de augas residuais de Silvouta. En total dedicarase ao proxecto de execución da EDAR de Silvouta un total de 60 millóns, dos que o Estado achegará finalmente un 80% a través de Fondos Europeos, o que suporá un aforro de 11,4 millóns de euros para o Concello de Santiago. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, deu conta deste e outros asuntos en rolda de...