CAPITAL CULTURAL
O Festival Rosalía celebrará os días 23 e 24 de febreiro a súa 6ª edición "cun grande atrevemento" a través dun amplo e diverso programa de poesía, escena, música e artesanía
16/02/2024
Ler máis
A Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Santiago, conmemorará na praza de Mazarelos o 187º aniversario do nacemento da escritora, figura central das nosas letras sobre a que pivotará gran parte das actividades. O concerto de Loita Amada, o pasarrúas rosaliano dos Quinquilláns, o proxecto Indóciles ao redor da obra de Luísa Villalta ou o recital organizado pola editora Chan da Pólvora son algúns dos pratos fortes da edición deste 2024
PROXECTOS E OBRAS
Comezan os traballos de retirada de cableado obsoleto no barrio de Vista Alegre
16/02/2024
Ler máis
A Concellaría de Proxectos e Obras realizou diversas xestións nos últimos meses para a retirada do cableado no barrio de Vista Alegre, un proceso que vén de iniciarse na rúa Boiro e que continuará nas próximas semanas.