CONVIVENCIA
A Policía Local realizou 1.543 probas de alcohol e drogas a pasada semana, cun resultado de 36 positivos
No marco da última campaña de control de alcoholemia e drogas da DXT, realizada do 11 ao 17 de decembro, a Policía Local de Santiago realizou un total de 1.501 probas de alcoholemia e 42 de drogas, cun balance de 20 e 16 positivos, respectivamente.
COMERCIO
O prazo de inscrición para participar no concurso de escaparates de Nadal abrirase no vindeiros días
A Xunta de Goberno acaba de aprobar as bases da convocatoria do concurso de escaparatismo de Nadal, cuxo prazo de inscrición abrirá nos vindeiros días e estenderase ata o 2 de xaneiro. O obxectivo desta iniciativa é animar aos establecementos da cidade a atraer a máis clientela e aumentar o consumo no comercio local durante as Festas do Nadal.
PLENO
O Concello de Santiago adhírese á Rede de Cidades pola Bicicleta
O Pleno municipal aprobou por unanimidade a adhesión do Concello de Santiago á Rede de Cidades pola Bicicleta, asociación estatal composta por máis de 100 municipios cuxo fin é promover o uso da bicicleta a través do intercambio de experiencias entre as cidades membros e do impulso de políticas públicas que favorezan a mobilidade ciclista. Compostela dá deste xeito un paso máis na súa aposta pola mobilidade sustentable e a calidade de vida dos seus habitantes.