XUNTA DE GOBERNO
O Concello solicita unha subvención ao Ministerio de Transportes para converter o Restollal nunha vía urbana
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou esta mañá en rolda de prensa o anteproxecto de humanización da rúa do Restollal, co que se pretende converter esta estrada de acceso á cidade nun espazo amable para vehículos e peóns, facilitando tamén a conectividade entre os barrios. Acompañouno Antonio Ranedo, xefe do Servizo de Obras, que explicou o anteproxecto polo miúdo.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a licitación de tres infraestruturas deportivas para o barrio de Conxo, por un importe de case 150.000 euros
A Xunta de Goberno Local aprobou, na súa reunión de hoxe, distintos expedientes de contratación e servizos básicos, destacando a licitación de tres infraestruturas deportivas para o barrio de Conxo por un importe cercano aos 150.000 euros. Tamén se abriron os procedementos de adxudicación do servizo de teatro de barrio dos Centros Socioculturais, e da renovación da área de xogos infantís do parque de Pérez Lugín, en Pontepedriña.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia levará a música clásica por Compostela con tres concertos en barrios da cidade
Ofrecerá tres concertos no Centro Cultural Santa Marta, no Centro Comercial Área Central e na Igrexa de Conxo. Serán os días 5, 6 e 7 de outubro ás 19.30h con entrada libre.
ALCALDÍA
O Concello rende homenaxe ao garda civil Manuel Vázquez Cacharrón, asasinado pola banda terrorista GRAPO
A praza de Abastos acolleu esta mañá a homenaxe que o Concello lle rendeu a Manuel Vázquez Cacharrón, garda civil asasinado en 1978 pola banda terrorista GRAPO. No acto participaron os seus familiares, entre eles a súa filla Beatriz Vázquez Cardama; o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, outros membros do goberno, representantes dos distintos grupos municipais e da Garda Civil e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas.
O alcalde de Santiago cualifica de "moi boa noticia" que a Xunta dera a conformidade para o selado do vertedoiro de Miramontes
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cualifica de moi boa noticia a conformidade, por parte da Xunta de Galicia, ao proxecto de selado do vertedoiro de Miramontes. "A partir de agora avanzaremos na clausura de selado deste vertedoiro que tantos disgustos lles leva dado os veciños e veciñas e tantos problemas lle leva causado ao concello" compostelán, indicou.