ALCALDÍA
O Concello prevé atender as 525 solicitudes presentadas á convocatoria de axudas ao sector comercial
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá un novo encontro coas principais asociacións de comerciantes da cidade (Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede, Fundación Santiago Centro, Ourives de Compostela e Asociación de Comercios de Área Central) para seguir falando sobre as axudas previstas para o sector ao abeiro do PRESS, o Plan para a Reactivación Económica e Social de Santiago. No que respecta ás axudas directas, presentáronse 525 solicitudes.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada onte en Valladolid, vítima da violencia machista.
EDUCACIÓN
Publicadas a listaxe definitiva de admisión na Escola de Música e a provisional para o programa English Summer School
O departamento de Educación vén de facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2021/22, así como as provisionais para o programa English Summer School.
ACCIÓN CULTURAL
Poesía popular e ópera de vangarda para un luns de solsticio no ‘Alguén que respira!’
Todo está listo para que a poesía sexa a protagonista en Compostela do solsticio de verán, cun programa que reúne a proposta popular da regueifa e a ópera vangardista Salt itinerary de Miguel Azguime. Estamos ante o festival Alguén que respira!, que celebra este luns 21 de xuño a súa segunda xornada, dentro dun programa deslizante ao longo do ano vinculado a equinoccios e solsticios. Os próximos encontros serán o 21 de setembro e o 21 de decembro.
ALCALDÍA
Uninova aproba a designación dos novos conselleiros
A Sociedade para a promoción de iniciativas empresariais innovadoras SL, UNINOVA, acordou hoxe a designación de novos conselleiros e a composición do novo Consello de Administración.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese co doutor Manuel Bustamante
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá na alcaldía ao doutor Manuel Bustamante, que o informou da organización do XXIV Congreso da Asociación Española de Coloproctoloxía.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicado o contrato dos Fogos do Apóstolo á empresa Pirotecnia Ricardo Caballer
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, adxudicou o contrato de "Deseño, producción, montaxe e realización do espectáculo pirotécnico das festas do Apóstolo 2021 do Concello de Santiago de Compostela", á empresa Pirotecnia Ricardo Caballer, por un importante total, IVE engadido, de 269.355,68 euros. Era a oferta máis vantaxosa das presentadas.
POLITICAS SOCIAIS
O goberno municipal condena e rexeita o ataque contra a exposición instalada na Alameda con motivo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas
O Concello de Santiago de Compostela condena e rexeita o ataque contra a exposición promovida con motivo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas, que se celebra hoxe, instalada na Alameda. Unha mostra organizada pola concellaría de Políticas Sociais, que dirixe Mila Castro, a través da Unidade de Atención ás Migracións (UAMI), en colaboración coa Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas. Onte, apareceron tres paneis destrozados, e esta mañá outros catro.
MEDIO AMBIENTE
O Concello lembra á veciñanza a obrigatoriedade da limpeza dos predios para evitar o risco de incendio preto das vivendas
O Concello de Santiago vén de publicar, a través dun bando do alcalde, un requirimento xeral de limpeza da maleza nos terreos en solo urbano e núcleo rural, no que se lembra á veciñanza a súa obriga de manter limpos os predios para evitar incendios forestais.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O Consello de Administración de TUSSA aproba o proceso de contratación do servizo de cafetería da nova estación de autobuses
O Consello de administración da Sociedade municipal TUSSA aprobou, entre outros puntos, o procedemento aberto e de tramitación urxente do servizo de seguridade da nova estación de autobuses e da pasarela de acceso á mesma. Tamén deu luz verde ao proceso para a contratación da concesión do servizo para a xestión e explotación da cafetería da citada estación. Este contrato conleva a posta en marcha da cafetería, a instalación de máquinas expendedoras de bebidas frías e quentes e produtos...