ACCIÓN CULTURAL
O sábado, 26 de marzo, ponse en marcha "Onde a Música Habita", un ciclo de catro concertos en emprazamentos arquitectonicamente relevantes da cidade
O Concello de Santiago; e a delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG Santiago) organizan un ciclo de catro concertos baixo a denominación "Onde a Música Habita", qeu terán como escenario catro emprazamentos arquitectonicamente relevantes da cidade. Presentárono hoxe en rolda de prensa a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o presidente do COAG Santiago, Ángel Cid.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Barcelona, última vítima de violencia machista.
ALCALDÍA
O Consello Municipal das Persoas Maiores do Concello de Santiago celebra a súa segunda reunión
O Consello Municipal das Persoas Maiores reuniuse onte en Pleno na Sala Circular do Auditorio de Galicia, baixo a presidencia da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro. O obxectivo da xuntanza era revisar as accións acordadas na anterior reunión e abordar as novas iniciativas nas que se está traballando. Ademais das entidades integrantes, tamén estiveron presentes os membros dos diferentes grupos políticos da Corporación Municipal: Gonzalo Muiños (PSOE), Marta Lois (CA), Goretti Sanmartín (BNG), Alejandro...
TURISMO
Arranca en Compostela o I Encontro do Viño Galego Revera Vinum
O Hotel Monumento San Francisco acolle durante tres días catas, mesas redondas e unha zona expositiva con máis de 180 adegas e un túnel do viño con máis de 300 referencias de todas as Denominacións de Orixe (DO) e Indicacións Xeográficas Protexidas (IGP) galegas. O Encontro, promovido pola Asociación Hostalaría Compostela e organizado por Escenoset, conta co apoio do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL).
ACCIÓN CULTURAL
A MICE presenta a programación da súa 17 edición co foco posto nas cineastas da Europa do leste
Esta mañá tivo lugar no Museo do Pobo Galego a presentación oficial da 17 edición da Mostra Internacional de Cinema etnográfico, que terá lugar do 28 de marzo ao 2 de abril. O mundo do traballo centra a temática desta nova edición do festival, na que tamén volven os aforos ao completo nas proxeccións. A mostra conta co apoio do Concello de Santiago.
DEPORTES
Últimas horas para inscribirse na carreira e na andaina solidaria "Unha tarde con Samuel", que terá lugar o sábado, no Monte do Gozo
Mañá, 23 de marzo, é o último día para inscribirse no "Segundo Cross e a Andaina Solidaria para a investigación Duchenne- Becker. Unha tarde con Samuel", que se celebrará o próximo sábado, día 26, no Parque do Monte do Gozo. Hoxe presentárona a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; Juanma Mata Torreira, pai de Samuel, e Amador Pena, en representación do "Club S.D. Compostela Atletismo", organizador do evento.
MEDIO AMBIENTE
O Carballo do Banquete de Conxo queda en 2º posición no concurso 'Tree of the year', pero xa é a árbore máis querida e recoñecida de Santiago
Hoxe deron a coñecer os resultados das do concurso da árbore Europea do Ano 2022, tres semanas despois de que rematara a votación internacional. Polonia co seu "Dąb Dunin" (carballo Dunin) proclamouse o gañador con 179.317 votos, seguido ben de cerca polo noso Carballo do Banquete de Conxo con 168.284 votos, a pouco máis de dez mil votos da árbore polaca; e terceiro foi Portugal co Sobreiro Monumental con 70.563 votos, o resto de candidaturas quedaron bastante máis atrás en número de votos como se pode comprobar...
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Santiago e outros 17 concellos galegos únense a prol do idioma coa creación de Alingua, unha asociación cooperativa para fomentar proxectos conxuntos de dinamización lingüística
Compostela, xunto coa Baña, Ames, A Coruña, Betanzos, Cedeira, Ferrol, Moaña, Narón, O Grove, Ponteceso, Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Rianxo, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vilagarcía de Arousa son os municipios impulsores dunha entidade que procurará "proxectar o galego con fachenda" e "poñer o noso idioma no mundo". Alingua darase a coñecer cunha campaña de difusión que inclúe contidos promocionais nos medios e nas redes, sorteos para restaurantes do Grupo Nove ou a implicación de...
ALCALDÍA
O Concello dótase dun Plan Antifraude que incorpora un código ético e unha canle de denuncias
A Xunta de Goberno de hoxe deu luz verde ao Plan de Prevención de Riscos e Medidas Antifraude (PPRMA), que, ademais de establecer a estratexia municipal para previr, detectar e remediar condutas fraudulentas, incorpora un código ético de comportamento, un procedemento para a xestión de conflitos de interese e unha canle de denuncias.
XUNTA DE GOBERNO
Mañá, 22 de marzo, ábrese o prazo de inscrición no programa de conciliación de Semana Santa, que contará con 100 prazas e se desenvolverá no CEIP Quiroga Palacios
Mañá martes, 22 de marzo, ábrese o prazo de inscrición e matrícula no "Programa municipal de conciliación de Semana Santa 2022" do Concello de Santiago, que terá lugar os días 11, 12, 13 e 18 de abril de 2022 nas instalacións do CEIP Quiroga Palacios. Son, en total, 100 prazas. A memoria do programa, ofertado a través do departamento de Educación, aprobouse hoxe en Xunta de Goberno.