COMERCIO
Amplíase ata o 31 de xaneiro o prazo para empregar os bonos desconto da campaña "Este nadal agasalla deseño"
O departamento de Comercio do Concello de Santiago de Compostela, en colaboración coa Asociación Ourives de Compostela, dada a sigularidade da Ourivaría co seu lugar destacado na historia da cidade, puxo en marcha a campaña "Este Nadal regala deseño" co obxetivo de fomentar as compras no comercio de proximidade. A iniciativa incluía unha campaña de bonos desconto por valor total de 7.000 € para trocar nos establecementos que forman parte da Asociacion de Ourives. A data para empregalos amplíase ata o 31 de xaneiro.
ALCALDÍA
O alcalde confía en resolver favorablemente máis de 800 solicitudes da segunda convocatoria de axudas, presentadas en decembro por comercio, hostalería e sector cultural
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou que xa se aboaron as axudas destinadas aos sectores máis afectados polas medidas anticovid convocadas nos meses de abril e maio pasado. Sobre a segunda convocatoira, a do mes de decembro, afirmou que "a nosa intención é pagalas entre este semana e a vindeira", unha vez remate o traballo administrativo de introducir os datos nas bases informáticas. Son unhas 1.200 solicitudes, aproximadamente, das que segundo o cálculo do rexedor, se poderán atender "algo máis de...
ALCALDÍA
O alcalde anuncia que o 30 de xaneiro se presentará o proxecto de orzamentos de 2021, que supera os 120 millóns de euros
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou hoxe que está previsto que o venres, 30 de xaneiro, se faga pública a proposta de orzamentos do concello para o ano 2021. Adiantou que o proxecto de orzamentos supera os 120 millóns de euros; e que unha vez incorporados os remanentes e o superavit do ano 2020 acadaría, aproximadamente, os 130 millóns de euros.
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago recibe unha representación da asociación Executivas de Galicia
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, reuniuse hoxe coa presidenta da asociación Executivas de Galicia, Carla Reyes, e coa vicepresidenta da entidade, Lidia Enrich. Presentáronlle ao rexedor distintos proxectos, entre eles un obradoiro de emprego feminino que ten como obxectivo impulsar a mellora de empregabilidade das mulleres.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local acorda solicitar a subvención dun millón de euros á Deputación da Coruña que se destinará a novas axudas aos sectores afectados pola crise da COVID
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, aprobou o plan "Eixos 2 (comercio local) e 4 (promoción económica) do Plan de Reactivación Económica do Concello de Santiago", que será obxecto dun convenio a formalizar no seu momento entre o Concello e a Deputación da Coruña.
ORZAMENTOS
Aprobada a conta xeral de 2019
O pleno do concello de Santiago aprobou, na sesión extraordinaria celebrada hoxe, a conta xeral do ano 2019 cos votos a favor do grupo municipal socialista e a abstención de PP, Compostela Aberta e BNG.
OBRAS
Balance do concelleiro de Obras das incidencias da liña verde e dos traballos de mantemento en beirarrúas e asfalto realizados en 2020
A concellaría de Obras realizou, de febreiro a decembro de 2020, traballos de reparación en máis de 150 beirarrúas e actuou sobre unha superficie asfáltica superior aos 13.000 metros cadrados. Os datos deunos a coñecer o concelleiro Javier Fernández nunha rolda de prensa na que fixo balance das incidencias da liña verde e dos traballos de mantemento realizados en toda a cidade, a excepción da zona histórica, durante o pasado exercicio.
OBRAS
O alcalde confía en que a nova estación de autobuses e a pasarela comecen a funcionar a partir da Semana Santa
O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitaron esta mañá o novo edificio da estación autobuses e a pasarela da intermodal, os seguintes equipamentos do ámbito que entrarán en funcionamento tras Clara Campoamor, cuxa reurbanización executou o Concello.
IGUALDADE
O Concello estuda coa AMSP liñas de colaboración co obxectivo de visibilizar e promover a igualdade na administración
A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, reuniuse hoxe cunha representación da Asociación Mulleres no Sector Público (AMSP), na que estaban presentes Patricia Iglesias, membro da xunta directiva da entidade e Letrada Maior do Consello de Contas de Galicia; e Raquel Bahillo subdirectora de Administración Local. No encontro estudáronse liñas de colaboración co obxectivo de visibilizar e promover a igualdade na administración. En concreto, na xuntanza avanzouse, entre outros asuntos, na programación dun...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local acorda iniciar un novo procedemento de licitación do servizo de limpeza nos edificios e instalacións municipais
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, aprobou, entre outros asuntos, o inicio dun novo procedemento de licitación do servizo de limpeza nos edificios e instalacións dependentes do Concello de Santiago e a concesión da licenza para a sexta fase de despregamento da rede de fibra óptica na cidade histórica.