IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas mulleres asasinadas en Piedrabuena (Ciudad Real), El Puerto de Santa María (Cádiz) e Roquetas de Mar (Almería), vítimas de violencia machista.
ACCIÓN CULTURAL
Os Beléns de San Fiz recibiron máis de 26.000 visitas neste Nadal
O Belén tradicional da Igrexa de San Fiz de Solovio rexistrou a visita de 26.058 persoas ao longo do mes que estivo aberto ao público, concretamente, dende o 3 de decembro ata o 5 de xaneiro. Esta cifra supón un incremento de prácticamente 5.000 visitas con respecto aos datos do ano pasado, cando houbo 21.270 visitantes. Dende a súa apertura, no 2015, o Belén de San Fiz recibiu a preto de 200.000 persoas.
SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello acorda coa Delegación do Goberno un reforzo policial na zona do Ensanche con dispositivos especiais nos que participarán a Policía Nacional, Local e autonómica
Ademais incrementaranse os contactos con empresarios dos locais de ocio nocturno e coas asociacións de veciños, mandando unha mensaxe de "tranquilidade e de confianza no traballo policial" que xa se estaba a facer na zona con dispositivos especiais da Policía Nacional e Local durante as fines de semana. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo recalcou que "foi precisamente este despregue policial o que permitiu unha reacción inmediata e a rápida detención dos presuntos autores, que en ámbolos dous casos foi en minutos"...