CONSORCIO
O trombonista Peter Moore actúa esta semana por primeira vez coa Real Filharmonía de Galicia
Con este concerto, dirixido polo mestre Paul Daniel, estrearase en España a obra Starburst da compositora Jessie Montgomery.
PARQUES E XARDÍNS
O Concello presenta o proxecto dun novo parque infantil na Almáciga
O proxecto foi presentado polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo e a concelleira de Parques e Xardíns, Mila Castro nun encontro cos veciños. Castro destacou que se trata "un novo espazo de recreo para as nenas e nenos co obxectivo de facer o barrio máis atractivo para as familias, dotando de espazos de ocio para a cativada e de encontro dos veciños". Ubicarase na parcela situada entre o Colexio Apóstol Santiago, o Centro Cívico e as hortas urbanas, e prevese que a execución dos traballos se inicie no mes de abril.
TURISMO
O Concello de Santiago presentará SantiagoNow e recibirá tres galardóns de SICTED na nova edición de FITUR que arranca mañá
Ademais da presentación da nova ferramenta web SantiagoNow con información actualizada para os visitantes, a cidade recollerá na gala organizada por SICTED, o premio ao mellor destino de Calidade de España, o segundo na categoría de mellor proxecto de mellora de destino e o terceiro á mellor actuación de sostenibilidade. FITUR, a feira de referencia no sector do turismo en España, desenvolverase desde mañá, día 18 e ata o 22 de xaneiro en IFEMA Madrid.