TURISMO
Volve a Festa Gastronómica da Uña de San Lázaro, con máis de 20 locais participantes
Coincidindo co Quinto Domingo de Coresma, tamén chamado 'Domingo de Lázaro' ou 'Domingo de Paixón', o compostelán Barrio de San Lázaro celebra unha das festas relixiosas e gastronómicas máis senlleiras e antigas de Compostela, a Festa da Uña.
SAÚDE
O Concello municipal de Saúde avanza na creación dun plan integral de saúde para Santiago
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, presidiu o pasado martes 29 de marzo a xuntanza do Consello municipal da Saúde, no que se compartiron os resultados do estudo preliminar realizado pola USC co fin de obter información sobre o estado de saúde da cidadanía compostelá para identificar áreas de mellora nos servizos e programas. Este diagnose, que será completada coas achegas dos membros do Consello, constitúe o primeiro paso para a elaboración dun Plan de Saúde integral para a cidade, que facilitará...
ALCALDÍA
Xosé Sánchez Bugallo participa na recepción de SM o Rei aos alcaldes e alcaldesas do Grupo de Cidades Patrimonio
O Palacio de la Zarzuela acolleu esta mañá unha audiencia na que Don Felipe recibiu aos membros da Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, máximo órgano de goberno da asociación, para presentar a aos seus novos membros tras a constitución das novas Corporacións Municipais. O alcalde aproveitou o encontro co monarca para trasladarlle a invitación á festividade do Apóstolo o 25 de xullo.
MOCIDADE
Entrega de agasallos ao alumnado dos institutos Xelmirez II e Eduardo Pondal, premiados na campaña "Vas picar? Mocidade libre de apostas"
O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, entregou hoxe os agasallos aos premiados na campaña "Vas picar? Mocidade libre de apostas" para a prevención das adiccións aos xogos de apostas, iniciada polo Concello o pasado 29 de outubro. Catro alumnos e alumnas do IES Xelmirez II, e nove alumnos e alumnas dos grupos de 3ºA e de 3ºB do IES Eduardo Pondal, recibiron cadansúa mochila en gris, co lema "Vas picar?