EDUCACIÓN
Solicitude de praza nas escolas infantís municipais para o curso 2022/23
A Xunta de Goberno Local do 14 de febreiro do 2022 aprobou o calendario de prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío.
EDUCACIÓN
Case un centenar de cativos entre os 4 e os 12 anos participarán nas actividades de conciliación de Entroido nos próximos días
Un total de 90 nenos e nenas asistirán ás actividades de conciliación familiar previstas polo Departamento de Educación durante as vacacións de Entroido, tanto nas escolas infantís municipais de Conxo e Meixonfrío-Salgueiriños, como no Espazo de Lecer María Miramontes (Ludoteca das Fontiñas).
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O alumnado do Rodríguez Xixirei participa no programa "Do Des-Equilibrio á Des-Carbonización"
O concelleiro de Educación e Mocidade, Rubén Prol, visitou o colexio Rodríguez Xixirei, de Lavacolla, onde un grupo de 19 alumnos e alumnas participou nun obradoiro do programa "Do Des-Equilibrio á Des-Carbonización". Un proxecto que pretende abordar simultaneamente as crisis sanitarias e climáticas nas que nos atopamos a través dunha proposta educativa interxeneracional na que conxugar as necesidades e intereses da mocidade e a terceira idade.
TURISMO
A Xunta de Confrarías co apoio do Concello presenta a programación da Semana Santa, que recupera as procesións e unha ampla actividade relixiosa e cultural
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte e o presidente da Xunta de Confrarías, José Ramón Muñiz presentaron esta mañá en rolda de prensa a programación da Semana Santa 2022. Haberá un total de 15 procesións, ás que se suma o exercicio do Santo Vía Crucis e unha histórica procesión de traslado. O pregón terá lugar unha semana antes do inicio dos desfiles procesionais e a persoa elixida para esta edición será a periodista compostelá Paula Pájaro.
FESTAS
O Entroido compostelán arranca esta fin de semana co tradicional desfile do Meco
Tras un ano de interrupción por mor da pandemia, iniciase mañá unha nova edición das festas do Entroido, cunha volta case total das actividades ás rúas. Como punto de partida do programa deste ano, o Meco subirá ao Pazo de Bendaña mañá sábado para presidir unha celebración que se prolongará ata o mércores 2 de marzo, cando o boneco será queimado na praza Roxa. Por contra, o tradicional desfile da tarde do martes de Entroido queda suspendido a consecuencia dos efectos da sexta vaga.
MOBILIDADE
O alcalde de Santiago, satisfeito coa resolución provisional das axudas Next Generation para a plataforma loxística de mercadorías
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosouse hoxe satisfeito coa "Resolución provisional de concesión das axudas do programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformacion dixital e sostible do transporte urbano", no que está incluída a "Plataforma loxística de distribución de mercadorías de Santiago de Compostela". O importe da axuda é de 3.913.920 euros, a mesma cantidade que se solicitara por parte do Concello.
ALCALDÍA
O Pazo de Raxoi ilumínase coas cores da bandeira ucraína
A fachada do Pazo de Raxoi, iluminarase coas cores amarela e azul da bandeira ucraína na noite de hoxe, venres, na do sábado e na do domingo.