ACCIÓN CULTURAL
O XXVII Festival Galicreques, no que colabora o Concello de Santiago, ofrecerá máis de 50 funcións da man de 26 compañías e artistas
O Festival Internacional Galicreques, que se celebrará en Santiago entre o 8 e o 16 de outubro, contará con cinco estreas absolutas, cinco espectáculos inéditos en Europa e unha sección dirixida ao público adulto chamada 'Cara BÉ'. Ademais, compañías procedentes de Uruguai, Arxentina, Portugal, Perú, Turquía, Brasil ou Italia pasarán por un Galicreques que concederá o seu premio de honra 2022 á formación arxentina Tres Tigres Teatro.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá un minuto de silencio pola muller asasinada o pasado 20 de agosto na provincia de Madrid, vítima de violencia machista.
TURISMO
Turismo de Santiago reúnese cos responsables das Oficinas Españolas de Turismo dos principais mercados internacionais
A entidade municipal continúa co traballo de promoción internacional da cidade para consolidar a reactivación dos principais mercados emisores que xa se está producindo neste 2022.