PLENO
Retransmisión do pleno ordinario de 27 de outubro
10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Turismo de Santiago continúa coa súa campaña de promoción internacional en Polonia
Turismo de Santiago continúa esta semana en Polonia coa súa intensa campaña de promoción internacional de cara a temporada do próximo ano, co obxectivo de consolidar a forte reactivación do turismo foráneo que se está vivindo neste ano 2022, no que nos meses de maio, xuño e setembro as pernoctacións internacionais superaron ás de turistas españois.
2.500 metros percorrerán este sábado os máis de 300 participantes do XXI Ciclocross Cidade de Santiago
Será este sábado 29 de outubro cando máis de 300 ciclistas chegados das catro provincias galegas e de fora da nosa comunidade, de entre 14 e 69 anos, pedalearan os 2.500 metros de circuíto do Cicloross Cidade de Santiago, unha "cita xa clásica no calendario dos grandes eventos deportivos que acolle a nosa cidade e que atrae a centos de afeccionados desta disciplina ciclista" apunta a concelleira de Deportes e Benestar Animal, Esther Pedrosa.
PLENO
Apoio unánime a "Ponte… nas ondas" para que sexa inscrita no rexistro de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO
O Pleno ordinario do Concello de Santiago, que comezou cun minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia machista, admitiu unha moción conxunta de urxencia para apoiar a candidatura da "Asociación cultural e pedagóxica Ponte… nas ondas!" ao rexistro de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) da UNESCO. Non se debateu, igual que a moción sobre a mellora dos espazos públicos de Vite -Vista Alegre e ampliación das zonas de aparcadoiro, na que todos os grupos tamén concordaron.