ACCIÓN CULTURAL
O Concello rende homenaxe a García Lorca no 90 aniversario da publicación do "Madrigal" á cidade de Santiago
Unha ofrenda floral diante da escultura situada na Alameda lembrou este martes, Día de García Lorca en Galicia, ao escritor. O poeta granadino coñeceu Santiago sendo estudante universitario en 1916, e regresou logo en varias ocasións en 1932 e aquí publicou os Seis poemas galegos en 1935.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O alcalde acompaña ao alumnado do San Clemente na súa visita a empresas inspiradoras de Compostela
Este programa forma parte do programa municipal Compostela Móvese 2022 do Concello de Santiago que pretende dar visibilidade ás empresas do territorio. A visita permitiu ao estudantado dos ciclos superiores achegarse á actividade da empresa Mestrelab Research, que desenvolveu un software especializado en investigación química.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A rede de Centros Socioculturais acolle este outono as novas edicións dos ciclos Abracastaña e terraZeando
O concelleiro de Centros SocioCulturais, Javier Fernández, acompañado por Enrique Vázquez, director da Rede de CSC; Sandra Quintana, coordinadora do programa de artes escénicas e musicais do CSC de Santa Marta e o mago Romarís, presentou esta mañá o ciclo "Abracastaña. Por arte de Maxia" que arrancará o vindeiro 3 de novembro no Centro Sociocultural de Fontiñas co actuación do mago Vituco. Druante a rolda de prensa tamén se presentou a III edición do terraZeando que levará concertos...
TURISMO
O turismo internacional supera o español en setembro con máis de 90.000 pernoctacións
Os establecementos hoteleiros de Santiago sumaron no pasado mes de agosto 177.314 pernoctacións, cun cremento do 19,36% respecto de agosto do ano 2019, segundo os datos do INE, confirmando a plena reactivación da demanda nesta temporada de verán tras a crise xerada polo Covid-19.
ACCIÓN CULTURAL
O proxecto 'Utópicas. Arte e territorio' remata o seu proceso na sala de exposicións do Auditorio de Galicia
A iniciativa, que corresponde a 7H Cooperativa Cultural con produción do Auditorio de Galicia, desenvolverá toda unha serie de actividades abertas ao público na sala de exposicións ata o 21 de novembro. O día 22 inaugurarase unha mostra resultado de todo o traballo.