ALCALDÍA

A alcaldesa de Santiago recibe o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

16/07/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada da tenente da alcaldesa, María Rozas, e do concelleiro de Facenda, Manuel César, recibiu este martes o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Luis Vieites, no marco das relacións institucionais con todas as entidades da capital galega. Durante a xuntanza, ambas entidades amosaron a seu compromiso para avanzar conxuntamente en temas como o da implantación da taxa turística, a mellora da diversificación económica ou a aposta polo desenvolvemento...

Ler máis

MERCADOS

Constituída a mesa de traballo da Praza de Abastos

16/07/2024

O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais presidiu a primeira xuntanza da mesa de traballo da Praza de Abastos, creada para reflexionar sobre o futuro e as mellores necesarias no mercado. Xan Duro explicou que "a de onte foi a primeira toma de contacto, e xa para setembro comezaremos a traballar tanto nas medidas de carácter máis inmediato como nas estratexias a medio e longo prazo para revitalizar a Praza de Abastos, e que siga sendo referente da alimentación e o produto fresco en Santiago".

Ler máis

EDUCACIÓN

SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES NA REDE DE CENTROS PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

15/07/2024

APERTURA DOS PRAZOS DE MATRÍCULA NOS SERVIZOS DE COMEDOR E DE MADRUGADORES NA REDE DE CENTROS PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O CURSO 2024-2025

O Concello de Santiago de Compostela vén de aprobar os prazos de matrícula nos servizos de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola,...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello abre o día 16 de xullo o prazo de inscrición no servizo de comedor e madrugadores para o curso 2024-2025

15/07/2024

A Xunta de Goberno Local acordou aprobar esta mañá os prazos e procedementos de admisión nos servizos de comedor e de madrugadores na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello de Santiago, para o curso 2024-2025. Divídese en dúas modalidades: as novas incorporacións, que teñen de prazo do día 16 de xullo ata o día 31 de agosto (ambos incluídos) para formalizar a inscrición; e as familias que durante o curso pasado fixeron uso do servizo, que teñen que reactivalo na...

Ler máis

FESTAS

Lucía Freitas será a pregoeira das Festas do Apóstolo 2024 que arrancarán o vindeiro 19 de xullo

12/07/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Festas, Pilar Lueiro, desvelaron esta mañá a identidade da pregoeira das Festas do Apóstolo, que este ano estará a cargo da cociñeira compostelá Lucía Freitas, que tamén estivo presente á rolda de prensa. Desde o Concello tamén se fixo un chamamento a toda a veciñanza para unirse á gran foliada que terá lugar na praza do Obradoiro o vindeiro 19 de xullo para amenizar o pregón.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello de Santiago recoñecerá na "Alba de Compostela" a Concha Losada Vázquez, Xaquín Mato Castro, Mabel Loza García e Miguel Fernández Blanco

12/07/2024

O Consello Asesor de Condecoracións do Concello de Santiago vén de elixir por unanimidade as catro persoas que serán recoñecidas no acto "Alba de Compostela" polas súas respectivas traxectorias persoais e profesionais que traballan de xeito continuado por Compostela. Son a presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada, o comerciante Xaquín Mato, a catedrática en Farmacoloxía Mabel Loza, e o presidente do Foro Galego de Inmigración, Miguel Fernández.

Ler máis

ECONOMÍA E FACENDA

O Concello de Santiago pagou máis de 22 millóns de euros en facturas no primeiro semestre do ano

12/07/2024

O concelleiro de Facenda, Manuel César Vila, fixo este venres balance do primeiro semestre orzamentario no que vai de ano. En primeiro lugar, lembrou que este goberno conseguiu pechar un acordo con PSdeG-PSOE para sacar as contas do ano 2024, despois dun exercicio, o de 2023, no que as contas estaba prorrogadas. Sobre este pacto, volveu agradecer aos socialistas a altura de miras para sacar adiante unas contas que teñen como obxectivo mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobado o inicio de licitación do novo servizo de mantemento dos sistemas de control do tráfico

11/07/2024

O Goberno local sacará a licitación o novo servizo de mantemento e conservación dos sistemas de control, regulación e xestión do tráfico e do túnel do Hórreo, cun orzamento de 4,2 millóns de euros para os próximos 3 anos. O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, indicou que o novo contrato "practicamente duplica o importe do que está en vigor, froito tanto da actualización dos prezos como da incorporación de diferentes melloras coas que pretendemos garantir o...

Ler máis
Compartir: