TURISMO
As pernoctacións nos hoteis de Santiago subiron un 20% no mes de xaneiro
O pasado xaneiro marcou un novo récord nas pernoctacións rexistradas nos hoteis, hostais e pensións de Santiago no primeiro mes do ano. Xaneiro pechouse con 62.288, segundo os datos do INE. É a primeira vez que se superan as 60.000 pernoctacións neste mes. Conseguiuse superar esta cifra grazas a un crecemento do 20,87% respecto a xaneiro do 2019.
MOCIDADE
Máis de 800 alumnos/as de cinco institutos participan no "Teatro-Foro"
Ao longo deste curso escolar, a Concellaría de Mocidade está a impulsar unha nova edición do proxecto Teatro-Foro, para a educación en valores en diversos centros educativos da cidade. Os detalles da iniciativa, na que participan 196 creadores/as e 620 espectactores e espectactricesde cinco institutos da cidade, foron presentados en rolda de prensa pola concelleira de Mocidade, Noa Díaz, e polo organizador, Ramón Molina, de Arelar Xestión Socioeducativa.
ACCIÓN CULTURAL
Rosalía volve ser a protagonista dunha feira este sábado 29 de febreiro
A imaxe renovada de Rosalía como unha superheroína con capa e máscara preside novamente o cartel do Festival Rosalía, unha feira de produtos rosalianos que terá lugar este sábado 29 de febreiro na praza de Cervantes. O Festival está organizado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela e do Museo do Pobo Galego.
SEGURIDADE CIDADÁ E IGUALDADE
Reunión para marcar protocolos cara a incorporación da Policía Local ao VioGén
Esta mañá, os concelleiros de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e de Igualdade, Noa Díaz, presidiron unha xuntanza para avanzar no proceso de incorporación da Policía Local ao Sistema VioGén (Sistema de Seguimento Integral nos Casos de Violencia de Xénero). Na reunión participaron representantes da Policía Local, da Policía Autonómica e da Delegación do Goberno.
CONSORCIO
A recoñecida intérprete e pedagoga do violín Raquel Castro impartirá clases a músicos/as galegos/as noveis
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos/as. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Modificacións no tráfico e no transporte urbano con motivo das obras de reforma do cruce dos Concheiros
As obras de reforma do cruce dos Concheiros obrigan a unha reorganización do tráfico que comezará a aplicarse o vindeiro sábado, 29 de febreiro, a partir das 9:00 horas. As obras sobre a calzada darán comezo o luns 2 de marzo.
FESTAS
A queima do Meco puxo fin ao Entroido de Compostela
A queima do Meco contaminante na praza Roxa tras o seu desfile dende o Toural puxo fin ao Entroido compostelán.
FESTAS
A carroza "Mad Max" e a comparsa "Vikings Conxo" gañan o concurso do desfile do Entroido
Compostela viviu o día grande do Entroido con tradicional desfile polas rúas da cidade. Os participantes concentráronse na avenida de Ferrol para logo desfilar polas rúas de Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Senra e avenida de Xoán Carlos I. Este ano destacou a participación dos barrios e parroquias coas súas diversas comparsas. A entrega de premios celebrouse na Sala Capitol, coa presenza do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e doutros integrantes da Corporación.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobados os prazos de reserva, admisión e matrícula das escolas infantís municipais e da Escola de Música
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria deste luns, aprobou a apertura dos prazos de reserva de praza, admisión de novo alumnado e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2020-2021. Tamén se deu o visto bo aos prazos e o procedemento para cursar estudos na Escola Municipal de Música.
ALCALDÍA
Xuntanza en Raxoi coa Asociación de Dano Cerebral de Compostela (Sarela)
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, reuníronse este luns cunha delegación da Asociación de Dano Cerebral de Compostela (Sarela), encabezada polo seu presidente, José Balboa. Tamén participaron o secretario, Luciano Fernández, e a directora, Rocío García.