IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá un minuto de silencio pola muller asasinada en Madrid, vítima de violencia machista.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello asina novos convenios con FEAFES, Don Bosco, Asociación Sarela e Fundación Andrea por un importe total de 71.000 euros
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais Mila Castro, asinou esta mañá cinco novos convenios por un importe total de 71.000 euros. Os acordos subscritos hoxe foron con FEAFES, Don Bosco, Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela e Fundación Andrea, e súmanse aos 5 convenios asinados a semana pasada con Proxecto Home, Cáritas, a Cociña Económica e o Albergue Xoán XXIII por un importe total de 315.000 euros
DEPORTES
Recepción ao Club Waterpolo Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe a unha representación de nenos e nenas do Club Waterpolo Santiago tras os títulos acadados de campións da Copa Galega 2020-21 en masculino e feminino; campións de Copa absoluta 2022; e campións de Copa e Liga benxamíns e alevíns 2022.
BARRIOS E OBRAS
O concello de Santiago conta cunha partida de 52.400 euros para o acondicionamento de lavadoiros municipais, no que está incluido o de Picaños
O Concello de Santiago conta cunha partida de 52.400 euros nos orzamentos de 2022, para a reparación de lavadoiros municipais, vinculada a crédito, que está a punto de resolverse. Nela están incluídos, entre outros, o lavadoiro da Rocha, no que se realizará o maior investimento, e o de Picaños.