MOBILIDADE
O Castiñeiriño estrea un parque de tráfico para mellorar a educación viaria da cativada
Situado na nova praza do Castiñeiriño, o recén inaugurado parque de tráfico está pensado para todas as idades, e de xeito especial para que nenas e nenos poidan adquirir as nocións básicas de circulación segura a través da condución simulada nesta pista. Este novo espazo está en liña co plan de actividades da Policía Local dirixidas á cidadanía sobre educación viaria.
BARRIOS
O concelleiro de Barrios e Obras informa dos traballos de roza de viarios e parcelas municipais situados na contorna urbana
O Concello de Santiago xa rozou practicamente a totalidade dos 79.200 metros lineais de viarios da zona urbana, segundo explicou hoxe, en rolda de prensa, o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández. De xeito paralelo, indicou, estase levando a cabo a limpeza das parcelas municipais.
ACCIÓN CULTURAL
Contacontos, música e obradoiros para a os máis novos na sexta edición da Selic
Concerto e xogos arredor da colección Little Neno, cantos e narración con R. J. Peralta e Blanca Millán e taller de banda deseñada con Alfonso Barreiro ‘Fon’ son algunhas das actividades previstas.