MEDIO RURAL
Rematadas as obras do POS nas zonas de Chaián e Grixoa
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitaron esta mañá dúas das obras executadas polo Concello en coordinación coa Deputación da Coruña no marco do plan POS+ en Chaián e Grixoa.
ACCIÓN CULTURAL
A terceira edición do Jazz da Rúa Nova leva a música jazz do casco vello ao rural compostelán
aCentral Folque co apoio da Concellaría de Acción Cultural poñen en marcha esta terceira edición cun feixe de propostas en cooperación con distintos axentes da cidade. O programa foi presentado esta mañá pola concelleira Mercedes Rosón e o director artístico de aCentral Folque, Ramon Pinheiro.
MEDIO AMBIENTE
Santiago de Compostela acolle o colector máis grande do mundo para promover a reciclaxe de vidro no final de La Vuelta 21
Do 31 de agosto ata o 5 de setembro o Campus Sur (na avenida da Coruña con avenida Antonio Raimundo Ibáñez) acolle o icónico colector xigante de Ecovidrio para simbolizar o compromiso da cidadanía coa reciclaxe, concienciar sobre o coidado do medioambiente e trasladar o espírito ecolóxico de La Vuelta 21. O acto de inauguración do colector xigante ao final da Alameda contou coa participación do alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; da conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia,...
OBRAS
Arranca a fase do formigonado nas obras de Concheiros
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou esta tarde as obras de Concheiros, que entran hoxe na fase de formigonado, acompañado polo concelleiro de Obras, Javier Fernández, e pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.