CONSORCIO
Un centro loxístico robotizado, que evitará a entrada de vehículos pesados na cidade histórica, unha das prioridades inmediatas da estratexia do Consorcio ata o 2032
O presidente do Consorcio de Santiago e alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado do vicepresidente e conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e da xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández, presentaron esta mañá as principais liñas da "Proposta estratéxica plurianual do Consorcio de Santiago para o período 2021-2027-2032", refrendada o domingo polo Real Padroado, na que tamén se recolle a creación dun Polo de...
TURISMO
Turismo de Santiago atendeu 4.500 consultas na semana do Apóstolo, o maior número semanal dende outubro do 2019
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, acompañado da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, fixo unha valoración da evolución da temporada de verán ata o de agora, centrándose en especial nos bos datos das Festas do Apóstolo, e as previsións positivas que se manexan dende Turismo de Santiago cara aos vindeiros meses, que indican que Santiago recibirá en xullo arredor de 25.000 peregrinos, a mellor cifra dende finais da temporada de verán do 2019.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese co presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi a Juan Carlos Escotet, presidente de ABANCA, así como a Francisco Botas, CEO da entidade; e Juan Carlos Carneiro, director territorial.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
O departamento de Lingua Galega programa para agosto "Territorio Xogantín" e "Contos no parque", dúas actividades lúdicas dirixida ao público infantil
O concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, presentou hoxe dous programas que teñen como obxectivo a socialización en galego dos nenos e nenas, a través de distintas actividades lúdicas, todas elas de balde. Son "Territorio Xogantín", destinado a menores de entre 6 e 10 anos; e "Contos no parque", para a cativada de 3 a 6 anos.
ALCALDÍA
Recepción ao embaixador de Xapón
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi ao embaixador de Xapón en España, Hiramatsu Kenji.
FESTAS
O traxe galego, protagonista nas rúas de Compostela
Como cada ano, dende hai 42, as Festas do Apóstolo dedican un día a enxalzar o traxe galego. Hoxe, as rúas de Compostela engalanáronse coa vestimenta tradicional nas súas diferentes versións.